Finaliza a formación “Emprendemento no sector alimentario” da IV Edición de BFFood

20/12/2022

As empresas participantes na IV Edición da Business Factory Food (BFFood), a aceleradora do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), recibiron hoxe a última sesión presencial do programa formativo “Emprendemento no sector alimentario”.

O acceso a este programa formativo é un dos beneficios cos que contan os proxectos de BFFood, ademais doutros que inclúen a participación en actividades de mentorización, formación, coaching, networking e acceso a un catálogo de infraestruturas, medios e servizos técnicos.

Unha titulación oficial

Esta formación, coordinada e impartida pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Vigo (UVigo), é, por primeira vez, un curso oficial e regulado na IV Edición da aceleradora, e tras finalizala, os alumnos recibirán un Diploma de especialización por parte das tres Universidades galegas.

O programa consta de 85 horas divididas en 8 módulos, nos cales se abordaron cuestións relativas á innovación, planificación estratéxica, internacionalización ou dixitalización, co obxectivo de dotar aos emprendedores participantes na IV Edición de BFFood das mellores ferramentas para acelerar o crecemento das súas empresas.

Xornada de peche

O día de hoxe non só supuxo o peche da formación dos proxectos pertencentes á IV Edición de BFFood, senón que tamén foi a última oportunidade para os emprendedores interesados en formar parte da V Edición de presentar as súas propostas de proxectos.

A este respecto, e tras rematar o prazo desta quinta convocatoria, nos próximos días procederase á selección das propostas que mellor saiban dar resposta aos retos da industria alimentaria galega, dando paso á fase eliminatoria de entrevistas a principios de febreiro de 2023.

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

25/09/2026

9 proxectos innovadores presentan as súas solucións para o sector alimentario no Demo Day da VII Edición da Business Factory Food

O Demo Day da VII Edición da Business Factory Food celebrouse o  23 de setembro no Hotel Palacio del Carmen, onde as startups presentaron os avances […]
11/09/2026

Innovación alimentaria en acción: así será o Demo Day da VII edición de BFFood

O encontro celebrarase o 23 de setembro no Hotel Palacio del Carmen de Santiago de Compostela Reunirá os proxectos da VII edición con empresas, mentores, investidores e […]
✕