Convocatoria
BFFood abre a súa convocatoria para seleccionar proxectos innovadores do sector alimentario en Galicia.
Participa na IX EDICIÓN
BFFood abre a convocatoria da súa IX Edición para seleccionar novos proxectos innovadores que contribúan a transformar e fortalecer o sector alimentario.
O programa está dirixido tanto a proxectos en fase inicial, que poderán participar na fase de incubación, como a iniciativas que buscan impulsar o seu crecemento a través da fase de consolidación.
Data límite para Incubación
Data límite para Consolidación
Consulta todos os requisitos, condicións e detalles de participación nas bases do programa.
Información importante
04/08/2026 - Apertura de convocatoria (incubación e consolidación)
07/10/2026 - Peche (cut-off) de convocatoria para incubación
02/11/2026 - Inicio de proxectos de incubación
17/11/2026 - Peche (cut-off) de convocatoria para consolidación
15/12/2026 - PitchDay (para selección de proxectos en aceleración e consolidación)
30/01/2027 - Fin de proxectos de incubación
01/02/2027 - Inicio de proxectos de aceleración e consolidación
30/10/2027 - Fin de proxectos de aceleración e consolidación
- Incubación: Non é necesario que o proxecto teña unha empresa constituída en Galicia.
- Aceleración: Si é obrigatorio que o proxecto teña o seu domicilio social ou centro de actividade en Galicia antes de acceder a esta fase
- Consolidación: Si é obrigatorio que o proxecto teña o seu domicilio social ou centro de actividade en Galicia antes de acceder a esta fase
Este requisito está aliñado co obxectivo do programa de fomentar o ecosistema emprendedor e innovador no sector alimentario de Galicia.
| Fase | Programa | A fondo perdido (IGAPE) | Financiamento XESGALICIA | Cheques tecnolóxicos BFFood |
|---|---|---|---|---|
| Incubación | Gratuíto | - | - | - |
| Aceleración | Gratuíto | Ata 25.000 € | Ata 50.000 € | 5.000 - 10.000 € |
| Consolidación | Gratuíto | - | Ata 250.000 € | - |
Os proxectos que acceden á fase de aceleración reciben unha subvención a fondo perdido por parte de Igape de ata 25.000 €, para cubrir gastos relacionados co desenvolvemento do proxecto durante a fase de aceleración.
O financiamento de XesGalicia pode outorgarse a proxectos que superen o proceso de análise de investimentos realizado por XesGalicia. Requírese que outros socios, investidores ou financiadores acheguen polo menos a mesma cantidade que XesGalicia. Este financiamento é unha ferramenta clave para startups que buscan crecer e escalar o seu negocio, con opcións que combinan préstamos participativos e entrada no capital.
Os cheques tecnolóxicos son un mecanismo de financiamento adicional dispoñible para os proxectos na fase de aceleración de BFFood. O seu obxectivo é facilitar o acceso a servizos técnicos e tecnolóxicos para o desenvolvemento e mellora dos produtos ou servizos dos proxectos participantes.
