Que é BFFood

BFFood é a aceleradora do sector alimentario de Galicia que impulsa proxectos innovadores desde a idea ata o seu crecemento no mercado.

Un programa integral deseñado para impulsar, acompañar e facer crecer proxectos innovadores do sector alimentario en Galicia

BFFood é unha aceleradora deseñada para apoiar o desenvolvemento de iniciativas vinculadas ao sector alimentario, acompañando aos proxectos desde as súas primeiras fases ata a súa consolidación. A través de formación, mentoría, asesoramento estratéxico e acceso a recursos especializados, o programa facilita a transformación de ideas en modelos de negocio viables.

O seu enfoque combina proximidade, coñecemento do sector e conexión co ecosistema empresarial, permitindo aos proxectos avanzar con maior seguridade e orientación ao mercado.

Un percorrido adaptado á evolución de cada proxecto

O programa estrutúrase en tres fases que responden ao nivel de desenvolvemento de cada iniciativa, permitindo acompañar aos proxectos desde a idea inicial ata a súa consolidación.

Fase de incubación

Nesta fase trabállase na definición do modelo de negocio, a validación da idea e a análise da súa viabilidade, establecendo as bases para o seu desenvolvemento.

Fase de aceleración

Durante a aceleración, os proxectos avanzan no desenvolvemento do seu produto ou servizo, validan o seu encaixe no mercado e comezan a xerar as súas primeiras vendas.

Fase de consolidación

Nesta fase refórzanse os modelos de negocio, optimízanse procesos e trabállase na mellora de vendas, co obxectivo de escalar o proxecto e acceder a novos mercados.

Un apoio completo en cada etapa do proxecto

Área

Fase

Detalle

Asesoramento estratéxico

Incubación, aceleración, consolidación

Asesoramento individualizado en desenvolvemento de negocio, análise de mercado, competencia e oportunidades de colaboración.

Mentoría

Aceleración

Cada proxecto conta cun mentor dunha empresa tractora, achegando experiencia e visión sectorial na toma de decisións.

Formación

Incubación, aceleración, consolidación

Programa formativo xeral e específico, orientado a cubrir as necesidades reais de cada equipo en función da súa fase.

Oficina virtual e espazos

Aceleración, consolidación

Acceso a oficina virtual e reserva de espazos en instalacións vinculadas ao programa.

Infraestruturas, medios e servizos técnicos

Aceleración

Acceso a un catálogo de infraestruturas, medios e servizos que facilitan a validación e desenvolvemento de solucións.

Financiamento

Aceleración, consolidación

Acceso a axudas a fondo perdido e opcións de investimento ou préstamo participativo en fases avanzadas.

Networking

Incubación, aceleración, consolidación

Relación directa con empresas, institucións e entidades do sector alimentario para xerar oportunidades reais.

Retos

Dixitalización e automatización

Reto 1
  • Big Data e intelixencia Artificial
  • Xemelgo Dixital
  • IoT e sensórica

Trazabilidade, calidade e seguridade alimentaria

Reto 2
  • Sistemas de xestión de calidade (SGC) paperless
  • Sistemas automáticos de medición en continuo

Loxística

Reto 3
  • Etiquetaxe intelixente
  • Loxística 4.0

Sustentabilidade

Reto 4
  • Envases innovadores, sustentables e novos materiais
  • Valoración de residuos e coprodutos
  • Novos procesos de transformación ecoeficientes e adaptados á demanda

Desenvolvemento de novos produtos

Reto 5
  • Produtos saudables e nutrición personalizada
  • Novos ingredientes e propiedades

Innovación de procesos e comercialización

Reto 6
  • Comercialización e interacción con clientes e consumidores

Reto aberto

Reto 7
  • Reto libre

Formación e asesoramento para avanzar con criterio e tomar mellores decisións

O obxectivo é dotar aos equipos de coñecemento, ferramentas e acompañamento para avanzar con maior seguridade e orientación a resultados.

Programa de formación

Formación adaptada a cada fase do proxecto

Os proxectos acceden a un programa de formación xeral e específica en áreas clave do emprendemento. En fases iniciais, a formación conta coa participación das universidades galegas, e compléntase con obradoiros e sesións prácticas ao longo de todo o programa.

Programa de asesoramento estratéxico

Acompañamento personalizado segundo o momento do proxecto

Os proxectos reciben asesoramento adaptado ás súas necesidades, con sesións personalizadas e xornadas de traballo orientadas á toma de decisións.

En incubación

Análise de mercado, tendencias, competencia, vixilancia tecnolóxica e definición do modelo de negocio.

En aceleración

Estratexia, posicionamento, financiamento, investimento, propiedade industrial, comercialización e escalabilidade.

Mentorías

Cada proxecto conta cun mentor

Os proxectos en fase de aceleración contan cun mentor específico pertencente a unha empresa ou entidade do sector alimentario, con carreira e experiencia relacionada co ámbito concreto do proxecto, quen lle proporcionará orientación e mentoring individualizado.

Recursos e infraestruturas

BFFood ofrece aos proxectos unha rede de infraestruturas, medios técnicos e servizos especializados que permiten avanzar no desenvolvemento, validación e mellora de solucións dentro do sector alimentario.

Explora o catálogo completo para coñecer en detalle as infraestruturas, medios e servizos técnicos aos que poden acceder os proxectos participantes.