Business Factory Food Aceleradora do sector alimentario de Galicia

Un programa para transformar ideas en negocio

BFFood acompaña iniciativas do sector alimentario, ou aplicables a el, para convertelas en proxectos viables, innovadores e escalables, con formación, mentoría e conexións co mercado.

Tres fases para apoiarte no proxecto

Un percorrido pensado para transformar ideas en proxectos reais

O programa adáptase ao punto de partida de cada proxecto. O obxectivo é claro: axudarche a validar, lanzar e crecer, con apoio experto e recursos do ecosistema.

Fase de incubación

Validamos e damos forma á túa idea

Duración: 3 meses

Nesta fase traballamos contigo para definir o modelo de negocio, validar a proposta e sentar as bases necesarias para construír un proxecto sólido.

Fase de aceleración

Impulsamos o teu proxecto cara ao mercado

Duración: 9 meses

Acompañamos o desenvolvemento do produto ou servizo, validamos o seu encaixe no mercado e traballamos para conseguir as primeiras vendas.

Fase de Consolidación

Facemos crecer o teu proxecto

Duración: 9 meses

Traballamos na mellora de vendas, procesos e ingresos recorrentes, preparando o proxecto para escalar e abrir novos mercados.

Por que BFFood

 

Networking e ecosistema

Conexión con empresas, institucións e entidades do sector alimentario.
 

Financiamento

Posibilidade de acceder a apoio económico en fases de aceleración e consolidación por parte de XesGalicia.

Asesoramento estratéxico

Acompañamento para cada proxecto en áreas como desenvolvemento de negocio, mercado, competencia ou colaboracións.

Mentoría

Cada proxecto conta cun mentor vinculado a unha das empresas tractoras de BFFood.
 

Infraestruturas e espazos

Acceso a oficina virtual, reserva de despachos e outros recursos de apoio.
 

Formación especializada

Programa de formación xeral e específica, adaptado ás necesidades e ao momento de cada proxecto.

Explora os proxectos de BFFood

Descubre iniciativas que forman parte de BFFood e como están evolucionando dentro do ecosistema alimentario.

Agrosintex

Aceleración
Matriz de encapsulación biotecnolóxica que optimiza a eficiencia metabólica e reduce as emisións de metano.

Aguas Lérez

Consolidación
É unha marca galega de auga mineral con gas orientada a restauración gastronómica, hoteis premium, clubes privados e espazos gourmet.

BioRefinería Química

AceleraciónAceleración
Logra a recuperación total de solventes e reduce o consumo enerxético ata un 60%, optimizando a economía circular do sector cunha pegada ambiental mínima.

BIOSentinel

Aceleración
Monitoriza o aire en tempo real para detectar patóxenos antes de que aparezan síntomas clínicos no gando avícola e porcino.

Chocolates by Peruxiñas

Aceleración
Liña produtiva de chocolate bean-to-bar (da faba á tableta) orientada ao segmento premium, con trazabilidade total desde orixe e fórmulas sen aditivos nin lecitinas.

ComexSoft

Consolidación
ComexSoft é unha plataforma SaaS B2B de intelixencia de mercado especializada en alimentación.

DIVERSA

Consolidación
Plataforma B2B de nanosistemas lipídicos e nanoemulsións para mellorar a estabilidade, dispersabilidade e aplicación funcional de ingredientes naturais en alimentación funcional, bebidas e nutracéutica.

Fluenzia

Aceleración
A través da súa ferramenta Automation Configurator, estandariza a enxeñaría para implementar kits de robótica colaborativa, pesaxe e etiquetado conectado.

Galifritas

Aceleración
Plataforma baseada en sensores IoT (NIR e hiperespectrais) e un Xemeo Dixital para optimizar a fritura artesanal da Pataca de Galicia IGP e controlar a formación de acrilamida.

Gloop

Consolidación
Desenvolve cubertos comestibles —palliñas, axitadores e culleres— como alternativa sustentable a utensilios desbotables dun só uso no canal horeca

Infood Protein

Aceleración
Tecnoloxía de bioconversión mediante mosca soldado negra e enxeñaría de fermentación que produce bioestimulantes líquidos estabilizados sen obstrución de rego.

KRESKO RNATECH

Aceleración
A través da súa plataforma de IA (Serkanto-AI®), estabiliza estas moléculas para integralas en suplementos e alimentos funcionais.

Nanobiofood

Aceleración
Plataforma nanobiotecnolóxica que transforma extractos vexetais en sistemas nanoestruturados de base acuosa para crear un escudo molecular ao redor de compostos bioactivos.

Ostras

Aceleración
Plataforma de crowdsourcing e IA/OCR que xera mapas de excedentes en tempo real e listas da compra personalizadas con produtos próximos a caducar.

Thales

Aceleración
Tecnoloxía de atomización patentada que optimiza os sistemas de limpeza CIP na industria láctea mediante microgotas de 2 micras.

Comité executivo, comité técnico e rede de apoio

O equipo que impulsa BFFood

BFFood apóiase nun equipo de profesionais e entidades do ecosistema alimentario que achegan experiencia, visión e acompañamento.