BFFood, protagonista dos Xantares Biocientíficos

16/07/2019

O emprendemento innovador no sector alimentario centrou a última xornada dos Xantares Biocientíficos, organizados por BioReDes na Facultade de Ciencias do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela.

Nela abordáronse as oportunidades e retos da primeira aceleradora do sector alimentario galego, Business Factory Food. Javier Álvarez, responsable de BFFood, explicou todos os servizos e apoios que a aceleradora presta aos proxectos seleccionados para transformalos en empresas innovadoras, viables e escalables.

Xantares Biocientíficos contou tamén coa presenza de José Manuel Núñez, conselleiro delegado de Torre de Núñez e empresa tractora de BFFood, quen abordou os retos aos que se enfronta o sector alimentario galego e o papel que desempeñan na aceleradora.

Finalmente, a xornada contou coa experiencia de un dos proxectos seleccionados na primeira edición de BFFood, Pablo López, promotor de Essence Food. De primeira man, explicou as oportunidades que están a ter grazas á aceleradora, tales como acceso a financiamento, formación específica, mentorización ou coaching.

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

25/09/2026

9 proxectos innovadores presentan as súas solucións para o sector alimentario no Demo Day da VII Edición da Business Factory Food

O Demo Day da VII Edición da Business Factory Food celebrouse o  23 de setembro no Hotel Palacio del Carmen, onde as startups presentaron os avances […]
11/09/2026

Innovación alimentaria en acción: así será o Demo Day da VII edición de BFFood

O encontro celebrarase o 23 de setembro no Hotel Palacio del Carmen de Santiago de Compostela Reunirá os proxectos da VII edición con empresas, mentores, investidores e […]
✕