Primeiras xornadas do programa de formación de BFFood

10/10/2019

Os seis proxectos seleccionados na primeira edición de BFFood comezaron o programa de formación despois de se reuniren xa en varias ocasións cos seus mentores e de comezar a fase de mentorización e tutorización.

O xoves, 26 de setembro, os integrantes dos proxectos oSIGris, Essence Food, AlphaCloud, Muutech Monitoring Solutions, Monkey Market e CERTO asistiron ao acto de presentación do programa xeral de formación con Javier A. Osuna, responsable de BFFood, e representantes das tres universidades públicas galegas.

Esa mesma tarde no edificio FEUGA, Andrés Faiña, da Universidade da Coruña, e Antonio García, da Universidade de Vigo, impartiron sesións formativas sobre “Innovation readness: incerteza, risco e madurez”.

Ángeles Romero, Manuel Vázquez e Ana M. Botana, docentes da Universidade de Santiago de Compostela, encargáronse de abordar a innovación e xestión na industria alimentaria os días 2 e 3 de outubro. Mentres que Óscar Pedreira, da Universidade da Coruña, impartiu dúas sesións sobre metodoloxías áxiles Scrum o 9 e 10 de outubro.

Ao longo dos dous próximos meses, os integrantes dos seis proxectos seleccionados na primeira edición de Business Factory Food poderán seguir aprendendo sobre planificación financeira, soft skills ou plan de negocio, entre outros temas.

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

16/10/2026

BFFood leva á FAO o modelo galego de aceleración de startups alimentarias

Roberto Alonso, director de Clusaga, presentou Business Factory Food no World Food Forum de Roma, nunha sesión sobre o papel da transformación alimentaria no desenvolvemento das […]
25/09/2026

9 proxectos innovadores presentan as súas solucións para o sector alimentario no Demo Day da VII Edición da Business Factory Food

O Demo Day da VII Edición da Business Factory Food celebrouse o  23 de setembro no Hotel Palacio del Carmen, onde as startups presentaron os avances […]
11/09/2026

Innovación alimentaria en acción: así será o Demo Day da VII edición de BFFood

O encontro celebrarase o 23 de setembro no Hotel Palacio del Carmen de Santiago de Compostela Reunirá os proxectos da VII edición con empresas, mentores, investidores e […]
✕