Os seis proxectos seleccionados na primeira edición de BFFood comezaron o programa de formación despois de reunirse xa en varias ocasións cos seus mentores e comezar a fase de mentorización e tutorización.
O xoves, 26 de setembro, os integrantes dos proxectos oSIGris, Essence Food, AlphaCloud, Muutech MonitoringSolutions, Monkey Market e CERTO asistiron ao acto de presentación do programa xeral de formación con Javier A. Osuna, responsable de BFFood, e representantes das tres universidades públicas galegas.
Esa mesma tarde no edificio FEUGA, Andrés Faiña, da Universidade da Coruña, e Antonio García, da Universidade de Vigo, impartiron sesións formativas sobre “Innovation readness: incerteza, risco e madurez”.
Ángeles Romero, Manuel Vázquez e Ana M. Botana, docentes da Universidade de Santiago de Compostela, encargáronse de abordar a innovación e xestión na industria alimentaria os días 2 e 3 de outubro. Mentres que Óscar Pedreira, da Universidade da Coruña, impartiu dúas sesións sobre metodoloxías áxiles Scrum o 9 e 10 de outubro.
Ao longo dos dous próximos meses, os integrantes dos seis proxectos seleccionados na primeira edición de Business Factory Food poderán seguir aprendendo sobre planificación financeira, soft skills ou plan de negocio, entre outros temas.