A Business Factory Food (BFFood), que o pasado 10 de xuño seleccionaba aos 13 proxectos que formarían parte de IV Edición, celebrou está mañá o Kick Off Meeting en liña, que dá incio á IV edición de forma oficial, unha vez que todos os proxectos completaron tramítelos de adhesión. Á xornada acudiron representantes dos proxectos e das empresas mentoras para coñecer en profundidade os programas de coaching e mentoring que ofrece a aceleradora, así como o programa de formación oficial coordinado polas tres Universidades galegas.
Higinio Mougán, de AGACA, presentou ante os asistentes ao encontro o programa de mentoring. Para iso, definiu os labores dos mentores e dos proxectos mentorizados, e puxo o foco nas claves da mentorización: orientar na fixación dos obxectivos, apoiar na superación de dificultades, achegar visión e ofrecer un espazo para que o mentorizado exprese coñecementos, innovacións e aspiracións, sen esquecer que a solución dos problemas que se presenten correspóndelle ao proxecto.
Durante a súa intervención, quixo destacar tamén que o programa de mentoring é aberto para que se adapte ás características e expectativas dos profesionais, e puxo o foco na importancia de seguimento do calendario de reunións previstas entre proxectos e mentores.
A continuación, Noelia Vilar, de FEUGA, explicou en que consiste o programa de coaching, levado de forma conxunta por FEUGA e AGACA. En primeiro lugar, quixo aclarar que se trata dun soporte en temáticas variadas: mercado, financiamento, eventos e canles, e modelo de negocio.
O desenvolvemento do programa de coaching comezará cunha avaliación do estado do proxecto e identificación das súas necesidades para desenvolver un plan de seguimento individualizado co soporte ao desenvolvemento do proxecto.
Mª Ángeles Romero, da USC, presentou o programa de formación, que está previsto comezar en outubro de 2022, e que coordinan conxuntamente a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Vigo (UVigo).
Como novidade anunciouse que a desta IV Edición será, por primeira vez, unha formación regrada e oficial. Así, o programa de formación titulado “Emprendemento no sector alimentario”, constará de 85 horas de formación divididas en 11 módulos, impartirase en formato semipresencial. Ademais, tras finalizar a formación outorgarase un Diploma de especialización polas tres Universidades Galegas.
Xose Ramón Vázquez, responsable de BFFood no Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), destaco o soporte que ofrece o clúster no servizo de Info Desk a todos os proxectos, incluíndo soporte na xestión das axudas que concede a Axencia Galega de Innovación (GAIN) aos proxectos, ademais do labor de coordinación e seguimento dos programas.