BFFood, entre as mellores aceleradoras empresariais de Europa en 2024

27/03/2024

Financial Times e Statisa lanzaron, neste mes de marzo, o reporte Europe’s Leading Startup Hubs 2024“, unha publicación que inclúe un ranking europeo de 125 programas de aceleración empresarial para startups, e que outorga á Business Factory Food (BFFood) o posto 57.

O lugar acadado pola aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia, impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), resulta especialmente relevante ao ter en conta que o seu ano de fundación, 2019, é o máis recente dos que figuran nesta listaxe, compartido só por outras 5 aceleradoras rexistradas nel.

O “Europe’s Leading Startup Hubs 2024” é resultado de meses de investigación, que incluíron convocatorias públicas de participación, o lanzamento de enquisas e unha considerable investigación documental. Todo o anterior permitiu identificar os 125 mellores programas de aceleración e incubación de Europa, de entre varios miles de candidatos. Así, este recoñecemento permite destacar o labor de BFFood, outorgándolle o título dun dos principais centros de creación de empresas de Europa en 2024.

Tendo en conta o anterior, o obxectivo de BFFood é seguir mellorando os servizos prestados e o impacto logrado. Para iso, Clusaga, entidade dinamizadora da aceleradora, lidera o consorcio do proxecto europeo Food-scalEUp, unha iniciativa que busca traballar en colaboración con outras aceleradoras europeas para incrementar a calidade dos servizos e o número de scaleups.

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

05/08/2026

Aberta a convocatoria para sumarse á IX Edición da Business Factory Food

O programa Business Factory Food (BFFood) abriu a inscrición para a súa IX edición, ofrecendo unha oportunidade única de crecemento para as startups do sector alimentario […]
06/07/2026

A BFFood selecciona 16 proxectos innovadores para a súa VIII edición tras un PitchDay marcado polo talento internacional

Dez startups incorpóranse ao programa de aceleración e seis acceden ao programa de consolidación A VIII edición da BFFood reforza o seu carácter internacional con iniciativas […]