BFFood pon en valor a importancia da innovación no Foro Galicia Alimentación 2020

O xoves 24 de setembro celebrouse o Foro e Premios Galicia Alimentación 2020, un evento organizado polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e no que participaron diferentes proxectos de Business Factory Food. Concretamente foi no bloque de ponencias demo session BFFood.

Nel, os CEOs dos cinco proxectos seleccionados na primeira edición da aceleradora, oSIGris, Essence Food, Monkey Markets, AlphaCloud – TripleAlpha e Muutech, explicaron a súa iniciativa e que achegou á entidade o seu paso polo programa de aceleración. A eles uníronse os responsables de Healthinfoods e TasteLab, dúas iniciativas que aínda se atopan nos programas de aceleración e consolidación de BFFood.

O encargado de comezar na demo session foi Alfredo Bermúdez, CEO de Healthinfoods. A el seguíronlle, Álvaro Dosil, CEO de TripleAlpha – AlphaCloud; Víctor Calvo, CEO de Muutech; José Senande. CEO de oSIGris; Iago Sanmartín, CEO de Monkey Markets; Marcio Barrada, CEO de Essence Food; e, finalmente, pechou a quenda de intervencións, Maruxa Quiroga, CEO de TasteLab – Sensesbit.

Esta demo session contou tamén coa participación do responsable da aceleradora, Javier A. Osuna, quen adiantou que no mes de outubro abrirase unha nova convocatoria tanto do programa de aceleración como de consolidación e animou a todos os emprendedores a estar pendentes das redes sociais de BFFood para coñecer os prazos e requisitos para presentarse a esta nova convocatoria.

Ademais, o evento Foro e Premios Galicia Alimentación 2020 contou co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, quen se encargou de clausuralo. No seu discurso destacou o valor do sector alimentario galego como unha industria clave para entender Galicia e a importancia de continuar apostando pola innovación a través da posta en marcha de iniciativas como a aceleradora Business Factory Food.

Podedes ver a gravación do evento aquí: https://www.youtube.com/watch?v=tX0fZAPVqD0

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

24/09/2025

Estes son os 16 proxectos protagonistas da VII edición en aceleración e consolidación

A Business Factory Food (BFFood), a aceleradora de referencia do sector alimentario galego, volve situarse no centro da innovación coa selección de 16 proxectos emprendedores que […]