A presentación da segunda edición de Business Factory Food traspasou fronteiras, chegando ata o continente americano, concretamente ao Brasil.

A Agrupación Industrial Alimentaria de Galicia (Clusaga) desprazouse ata este país con motivo dunha misión comercial directa. Durante o desenvolvemento da mesma, o equipo de Clusaga presentou BFFood ao ecosistema tecnolóxico e empresarial da Federación de Industrias do Estado de Paraná (Fiep).

Ademais, puido coñecer as características e o programa da aceleradora da Agência Sistema FIEP e da incubadora do Instituto de Tecnoloxía de Paraná (Tecpar).

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

24/09/2025

Estes son os 16 proxectos protagonistas da VII edición en aceleración e consolidación

A Business Factory Food (BFFood), a aceleradora de referencia do sector alimentario galego, volve situarse no centro da innovación coa selección de 16 proxectos emprendedores que […]