Asistimos a B – Venture, o maior evento de emprendemento do norte de España

30/10/2019

O Palacio Euskalduna de Bilbao acolleu do 29 ao 30 de outubro o maior evento de emprendemento do norte de España, B-Venture. Ata alí se desprazou Javier A. Osuna, responsable de Business Factory Food, para coñecer startups, empresas de software, marketing dixital, crowdfunding e outras aceleradoras de proxectos. Aproveitou tamén para convidar a participar nesta segunda edición de BFFood a algúns dos grupos de investimento asistentes ao evento.

Este espazo foi un lugar de encontro para os integrantes do ecosistema emprendedor, entre os que se atopaba oSIGris, proxecto seleccionado na primeira edición de BFFood. Nas catro edicións realizadas, participaron máis de 400 startups. B-Venture converteuse nunha cita imprescindible para o emprendemento, a innovación e o financiamento de ideas!

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

25/09/2026

9 proxectos innovadores presentan as súas solucións para o sector alimentario no Demo Day da VII Edición da Business Factory Food

O Demo Day da VII Edición da Business Factory Food celebrouse o  23 de setembro no Hotel Palacio del Carmen, onde as startups presentaron os avances […]
11/09/2026

Innovación alimentaria en acción: así será o Demo Day da VII edición de BFFood

O encontro celebrarase o 23 de setembro no Hotel Palacio del Carmen de Santiago de Compostela Reunirá os proxectos da VII edición con empresas, mentores, investidores e […]
✕