O Palacio Euskalduna de Bilbao acolleu do 29 ao 30 de outubro o maior evento de emprendemento do norte de España, B-Venture. Ata alí desprazouse Javier A. Osuna, responsable de Business Factory Food, para coñecer startups, empresas de software, marketing dixital, crowdfunding e outras aceleradoras de proxectos. Aproveitou tamén para convidar a participar nesta segunda edición de BFFood a algúns dos grupos de investimento asistentes ao evento.
Este espazo foi un lugar de encontro para os integrantes do ecosistema emprendedor, entre os que se atopaba oSIGris, proxecto seleccionado na primeira edición de BFFood. Nas catro edicións realizadas, participaron máis de 400 startups. B- Venture converteuse nunha cita imprescindible para o emprendemento, a innovación e o financiamento de ideas!