A BFFood participa na maior edición de Startup Olé celebrada ata o momento

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), como dinamizador da Business Factory Food (BFFood), ten por misión colaborar na difusión da actividade da aceleradora para poder captar novas empresas interesadas en participar nela, así como novos inversores que apoien os proxectos en curso.

Deste xeito, o responsable da BFFood en Clusaga, Xosé Ramón Vázquez, acudiu en calidade de KeyPlayer á VIII Edición de Startup Olé, que tivo lugar en Salamanca do 5 ao 7 de setembro.

A BFFood participou na mesa redonda “Cales son as vantaxes para a túa startup de entrar nunha aceleradora?”, moderada por Óscar Baza, coordinador de Proxectos de Innovación Aberta de RTVE. Nela tamén interviñeron Manuel Navarro, responsable de Programas de Innovación de RENFE; Rosa Monteagudo, xerente da BFA; Emilio Martínez, xerente de Emprendemento e Innovación Aberta de Enagás Emprende; e Marcos Ros, analista e xerente de Proxectos de ACCIONA Energía.

Outra das actividades nas que estivo involucrada a aceleradora foi o Reverse Pitch, unha exposición das características da BFFood e do que pode ofrecer ás startups.

A edición máis grande ata o momento

Startup Olé reuniu ao longo da súa historia a máis de 40.000 asistentes de máis de 120 países; contando con máis de 1.500 startups, scale ups e spin offs; máis de 1.200 speakers; e máis de 300 empresas e inversores con carteira de investimento de máis de 100.000 millóns de euros.

Esta VIII Edición foi a máis grande ata o momento, tendo que ser habilitado un novo pazo de congresos, ademais das habituais instalacións, para dar acollida a todos os asistentes e eventos.

 

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

24/09/2025

Estes son os 16 proxectos protagonistas da VII edición en aceleración e consolidación

A Business Factory Food (BFFood), a aceleradora de referencia do sector alimentario galego, volve situarse no centro da innovación coa selección de 16 proxectos emprendedores que […]