BFFood presenta os seus programas no Sustainable Food Forum da man de ICEX e Clusaga

20/09/2023

  • Froito da colaboración entre Clusaga e ICEX, a aceleradora asistiu a este Foro, celebrado en Londres, para presentar os seus programas de Aceleración e Consolidación
  • O obxectivo da participación foi a atracción de proxectos de emprendemento que queiran asentarse en Galicia e desenvolver a súa actividade da man das principais empresas alimentarias galegas

Grazas á colaboración entre o Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e ICEX, a aceleradora vertical para o sector alimentario galego promovida pola Xunta de Galicia e coordinada por Clusaga, a Business Factory Food (BFFood) tivo a oportunidade de participar no Sustainable Food Forum como parte do programa Rising Up in Spain, que promove ICEX–Invest in Spain. Durante o Foro, celebrado este martes 19 en Londres, a aceleradora tivo a oportunidade de darse a coñecer ante as empresas e investidores británicos asistentes.

O Sustainable Food Forum enmárcase dentro da Sustainable Food Week, organizada por Food Matters Live do 18 ao 24 de setembro. O encontro alberga un programa de conferencias no que líderes de opinión mundiais en materia de innovación alimentaria están compartindo os seus coñecementos nunha serie de charlas inspiradoras e paneis de debate.

Paralelamente, levouse a cabo a presentación de socios internacionais, entre os que se atopa España. A súa participación foi xestionada por ICEX a través da iniciativa Rising Up in Spain, un programa de atracción de talento tecnolóxico e de negocios destinado a startups estranxeiras que queiran establecerse en España.

Neste contexto, a BFFood tivo a oportunidade de presentar os principais retos da industria alimentaria galega, co fin de promover a atracción de proxectos de emprendemento que queiran asentarse en Galicia e desenvolver a súa actividade da man das principais empresas alimentarias galegas a través dos programas que ofrece a aceleradora: o de Aceleración e o de Consolidación.

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

25/09/2026

9 proxectos innovadores presentan as súas solucións para o sector alimentario no Demo Day da VII Edición da Business Factory Food

O Demo Day da VII Edición da Business Factory Food celebrouse o  23 de setembro no Hotel Palacio del Carmen, onde as startups presentaron os avances […]
11/09/2026

Innovación alimentaria en acción: así será o Demo Day da VII edición de BFFood

O encontro celebrarase o 23 de setembro no Hotel Palacio del Carmen de Santiago de Compostela Reunirá os proxectos da VII edición con empresas, mentores, investidores e […]
✕