BFFOOD presenta todos os detalles da súa VII edición coa celebración do InfoDay

A Business Factory Food (BFFood), o programa de referencia en Galicia para a incubación, aceleración e consolidación de proxectos innovadores no sector alimentario, celebra o lanzamento da súa VII Edición cun InfoDay que se celebrará o vindeiro 8 de abril no Edificio Fontán, na Cidade da Cultura de Galicia. Esta cita, concibida como punto de encontro entre emprendedores, startups, empresas tractoras, axentes do coñecemento e institucións, ofrecerá unha visión completa da nova convocatoria, os seus programas e os recursos ao servizo de quen desexe formar parte desta iniciativa transformadora.

O evento dará comezo ás 11:00 coa intervención de Roberto Alonso Ferro, director de Clusaga. A continuación, Noelia Dosil, responsable de BFFood, presentará todos os detalles desta nova edición, afondando nas características dos programas de incubación, aceleración e consolidación, os servizos e apoios que recibirán os proxectos seleccionados e a implicación directa das empresas líderes do sector en cada etapa do proceso.

Unha xornada para inspirar e transformar

A xornada continuará cunha relatorio a cargo de Nora Alonso, General Partner en Swanlaab Venture Factory, quen compartirá unha reflexión sobre os grandes retos aos que se enfronta o sector alimentario e como a innovación tecnolóxica pode ofrecer solucións reais e sostibles. A súa visión estratéxica achegará unha perspectiva ampla sobre as oportunidades que existen para quen aposta por emprender no ámbito agrifoodtech.

Un dos momentos máis agardados chegará coa celebración de dúas mesas redondas que permitirán achegarse tanto á mirada da industria como á experiencia práctica de startups que xa pasaron por BFFood. Na primeira delas, representantes de empresas tractoras analizarán os desafíos actuais do sector e o papel que xogan iniciativas como BFFood á hora de canalizar talento emprendedor cara á resolución de problemas reais. Na segunda, varias startups compartirán como foi o seu paso pola aceleradora, a súa evolución desde a idea ata o mercado e o impacto que supuxo participar no programa en termos de crecemento, validación e conexión co ecosistema.

O evento continuará cunha clausura institucional na que intervirán Juanjo de la Cerda, director xeral de Clusaga, e Covadonga Toca, directora de IGAPE, que destacarán o impacto de BFFood na transformación do sector alimentario en Galicia.

A xornada culminará cun espazo de networking, no que todos os asistentes poderán intercambiar impresións, xerar sinerxías e manter reunións directas co equipo de BFFood. Este peche ofrece unha oportunidade única para establecer contactos estratéxicos nun contorno definido polo seu carácter colaborativo e aberto a novas ideas.

Innovación con impacto para o sector alimentario galego

A Business Factory Food, promovida pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o IGAPE, e coordinada por Clusaga, consolídase así como unha ferramenta eficaz para transformar o sector desde a innovación, favorecendo a creación e consolidación de proxectos que achegan solucións tecnolóxicas, sostibles e con potencial de escalabilidade. Desde a súa creación, acompañou ducias de iniciativas, fortalecendo o tecido empresarial do ecosistema alimentario galego e fomentando a conexión entre o mundo emprendedor e a gran industria.

A participación no InfoDay é aberta e gratuíta. Se estás interesado en participar, non dubides en inscribirte previamente a través da seguinte ligazón!

Vémonos o día 8 de abril en Santiago!

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

05/08/2026

Aberta a convocatoria para sumarse á IX Edición da Business Factory Food

O programa Business Factory Food (BFFood) abriu a inscrición para a súa IX edición, ofrecendo unha oportunidade única de crecemento para as startups do sector alimentario […]
06/07/2026

A BFFood selecciona 16 proxectos innovadores para a súa VIII edición tras un PitchDay marcado polo talento internacional

Dez startups incorpóranse ao programa de aceleración e seis acceden ao programa de consolidación A VIII edición da BFFood reforza o seu carácter internacional con iniciativas […]
03/07/2026

O PitchDay da VIII edición da BFFood reúne 21 startups innovadoras que aspiran a incorporarse aos programas de aceleración e consolidación

O Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu o pasado xoves 2 de xullo o PitchDay da VIII edición da […]