UnLtd Spain e BFFood, unha colaboración para fortalecer a innovación no sector alimentario

BFFood estableceu un acordo de colaboración con UnLtd Spain con tres obxectivos claros: dar visibilidade a nivel internacional a ambas aceleradoras, intercambiar boas prácticas e experiencias e participar nos eventos asociados a cada programa.

UnLtd Spain é unha organización que divulga, promove e impulsa o emprendemento de impacto social proporcionando formación, asesoramento e financiamento a emprendedores con potencial para cambiar o mundo. Está enfocada en tres sectores clave: cidades sostibles, saúde e agroalimentación, que coinciden cos retos aos que BFFood busca dar solución a través dos proxectos seleccionados

Programa Emprende inHealth de UnLtd Spain

UnLtd Spain ten aberta a súa quinta convocatoria EmprendeinHealth, un programa de apoio a emprendedores en saúde. Os seis emprendedores seleccionados recibirán durante seis meses mentoring e asesoramento personalizado por parte de expertos en saúde e en impacto social, formación, visibilidade e networking que axudarán a que a súa startup creza na dirección correcta.

Durante os últimos catro anos, este programa de UnLtd Spain apoiou a 24 startups de impacto social en saúde cun 100% de taxa de supervivencia. En todas elas analizaron os seus retos e prioridades co obxectivo de definir e prestarlles o apoio que necesitaban.

Emprende inHealth xurdiu froito da alianza de Lilly (líder global da atención sanitaria) e UnLtd Spain para xerar impacto social e contribuír ao desenvolvemento económico. Por este motivo, este programa está aliñado co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 3 que contribúe a mellorar a saúde e o benestar da poboación, o ODS 8 de traballo decente e crecemento económico e o ODS 17 que busca crear alianzas para lograr obxectivos.

A través deste MoU (Memorandum of Understanding), BFFood continúa desenvolvendo novos acordos que permiten maior visibilidade e alcance da aceleradora a nivel nacional e internacional.

Máis información

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

24/09/2025

Estes son os 16 proxectos protagonistas da VII edición en aceleración e consolidación

A Business Factory Food (BFFood), a aceleradora de referencia do sector alimentario galego, volve situarse no centro da innovación coa selección de 16 proxectos emprendedores que […]