Business Factory Food (BFFood) participará na sexta edición de Startup OLÉ Salamanca 2020 Digital Edition, un dos eventos máis importantes entre investidores e emprendedores no ámbito das novas tecnoloxías en Europa.
Esta edición terá lugar de forma online do 9 ao 11 de setembro debido á situación sanitaria provocada pola COVID-19. No entanto, esta modalidade dixital permitirá igualmente realizar todas as actividades definidas na axenda e proporcionar todos os servizos comprometidos aos asistentes.
Polo momento o evento conta coa participación de 261 startups de 23 países, entre as que se atopan catro proxectos impulsados por BFFood: AlphaCloud (TripleAlpha), Monkey Markets, Essence Food y Hk_smart:food (Himikode).
O responsable da aceleradora, Javier A. Osuna, participará o mércores 9 de setembro a partir das 16.30 horas na mesa redonda “Collaboration VS Collision: What Does it Take to Unlock Successful Corporate Startup Collaboration” moderadada por Óscar Baza, coordinador de Programas de Intercambio de Coñecemento de Radio Televisión Española (RTVE). Acompañarano Jorge Gómara, Director de Business Factory Auto (CEAGA), Emilio Martínez, Xerente de Innovación Aberta e Corporate Venturing de Enagás, Óscar Cantalejo, Open Innovation and Ventures Manager de Iberdrola, Gloria Lorenzo, Senior Director & Ambassador of Startups de Oracle, e Carlos Branco, Director do Servizo de apoio ao Emprendimiento e a Innovación e Vicegerente de Investigación e Transferencia da UC3M.
Ademais, Osuna formará tamén parte do xurado do programa específico sobre proxectos AgroFood da Startup OLÉ Salamanca 2020 Dixital Edition.
A organización ofrecerá de forma gratuíta e aberta a maior parte dos contidos do evento, como son esta mesa redonda na que estará presente BFFood, competición de pitch, inauguración, clausura ou entrega de premios. Para iso compartiranse na axenda existente na web todas as ligazóns para acceder e seguir ditas sesións (para acceder a ela facer clic aquí).