BFFood comparte experiencias e iniciativas co consorcio do proxecto europeo de aceleración Food-scalEUp

23/09/2022

A Business Factory Food (BFFood) presentou este xoves a súa actividade ante o consorcio do proxecto europeo Food-scalEUp, unha nova iniciativa europea coordinada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), que ten o obxectivo de fortalecer os ecosistemas rexionais de innovación dixital para o sector agroalimentario, especialmente para mellorar a efectividade e impacto de cara á aceleración de startups e pemes innovadoras.

Concretamente, isto farase mediante o desenvolvemento de servizos de aceleración empresarial de maior calidade e o fortalecemento das relacións de colaboración e de intercambio de coñecemento entre os diferentes actores de interese. Todo isto contribuirá a xerar postos de traballo de alto valor engadido nas rexións europeas implicadas.

Presentación da aceleradora do sector alimentario de Galicia

Durante a reunión de arranque do proxecto, celebrada en Santiago de Compostela durante os días 21 e 22 de setembro, presentouse a aceleradora do sector alimentario de Galicia, BFFood, ante os representantes das 9 organizacións procedentes de 5 países europeos que compoñen o consorcio de Food-scalEUp. Representantes clave de BFFood intercambiaron cos presentes información sobre experiencias e iniciativas concretas de aceleración do ecosistema galego e estableceron comparacións con aceleradoras doutras rexións europeas.

O encontro contou coa presenza de representantes da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Congalsa e Nueva Pescanova (empresas mentoras de BFFood) e de FEUGA (coordinadora dos servizos de coaching). A presentación da aceleradora concluíu coa historia de éxito de TripleAlpha, empresa beneficiaria de BFFood. Ademais, os asistentes tiveron acceso ao catálogo de BFFood, que recolle todos os proxectos de aceleración e consolidación que pasaron pola aceleradora.

Próxima apertura de convocatoria

Tras seleccionar a 7 novos proxectos de aceleración e 6 de consolidación para a súa IV Edición, o responsable da aceleradora, Xosé Ramón Vázquez, anunciou a posta en marcha da V Edición de BFFood, cuxa apertura de convocatoria para presentar proxectos está prevista para este mes de outubro. A través dela, un total de 10 proxectos de aceleración e 6 de consolidación poderán ser beneficiarios deste programa de emprendemento.

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

25/09/2026

9 proxectos innovadores presentan as súas solucións para o sector alimentario no Demo Day da VII Edición da Business Factory Food

O Demo Day da VII Edición da Business Factory Food celebrouse o  23 de setembro no Hotel Palacio del Carmen, onde as startups presentaron os avances […]
11/09/2026

Innovación alimentaria en acción: así será o Demo Day da VII edición de BFFood

O encontro celebrarase o 23 de setembro no Hotel Palacio del Carmen de Santiago de Compostela Reunirá os proxectos da VII edición con empresas, mentores, investidores e […]
✕