BFFood asina un acordo con BStartup para facilitarlles ás startups o acceso a financiamento

Business Factory Food (BFFood), a aceleradora impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia e empresas de referencia na industria alimentaria, asinou un acordo de colaboración co programa BStartup do Banco Sabadell co obxectivo de facilitarlles ás startups o acceso a financiamento para os seus proxectos e actividades empresariais.

O convenio foi asinado por Pablo Junceda, director Territorial Noroeste, e Roberto Alonso, secretario do Consello Executivo de BFFood e xerente do Clúster Alimentario de Galicia, o luns, 22 de marzo, nunha reunión presencial, cumprindo coas medidas e o protocolo sanitario.

Este acordo de colaboración supón un impulso para o emprendemento e a innovación no sector alimentario galego, co que a aceleradora busca axudar aos proxectos no seu acceso ao mercado e na súa consolidación.

O convenio ofrecerá aos proxectos participantes en BFFood o acceso ás seguintes liñas de actuación do programa BStartup do Banco Sabadell: servizos bancarios especializados en startups e empresas tecnolóxicas, investimento en equity e innovación colaborativa.

Ademais, especialistas do Banco Sabadell impartirán sesións formativas aos proxectos que participen en BFFood sobre financiamento en xeral e, especialmente, sobre xestión de pagamentos en contornas virtuais.

A sinatura deste acordo de colaboración abre novas oportunidades de crecemento aos máis de 25 proxectos seleccionados nas diferentes edicións de BFFood, permitíndolles afianzar e consolidar a súa posición no tecido empresarial.

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

24/09/2025

Estes son os 16 proxectos protagonistas da VII edición en aceleración e consolidación

A Business Factory Food (BFFood), a aceleradora de referencia do sector alimentario galego, volve situarse no centro da innovación coa selección de 16 proxectos emprendedores que […]