22/12/2020
Os proxectos supuxeron un investimento directo de máis de 400.000 € e a xeración de 29 novos postos de traballo relacionados coa transformación dixital e a industria 4.0 no sector alimentario.
22/03/2019
O evento de presentación contou coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que destacou que o obxectivo deste novo proxecto é fomentar o emprendemento innovador nesta industria e fortalecer a súa proxección internacional.
A BBFood vén sumarse ás aceleradoras sectoriais coas que Galicia conta en sectores como a automoción (BFAuto), a aeronáutica (BFAero), a biotecnoloxía (Bioincubatech) ou Agrobiotech (centrada no agroalimentario, a biotecnoloxía e a biomasa). Ademais, intégrase en StartIN Galicia, que aglutina aceleradoras e coworkings cos que se está apoiando o desenvolvemento de 900 proxectos emprendedores.
