AlphaCloud, o proxecto de BFFood que analiza e optimiza os procesos de curación do xamón

Presentado ao reto xestión dixital da calidade da primeira edición de BFFood, AlphaCloud é un proxecto que xorde na empresa tecnolóxica TripleAlpha. O seu director técnico, Álvaro Dosil contounos en que consiste esta plataforma e que os levou a presentarse a Business Factory Food.

Na fase de aceleración na que se atopan, están a ter a oportunidade de ser mentorizados por José Manuel Núñez, conselleiro delegado de Torre de Núñez; unha empresa totalmente aliñada co seu proxecto. Quere coñecelo?

  1. Por que decidistes presentarvos a BFFood?

Actualmente o 70 % dos clientes de TripleAlpha pertencen ao sector agroalimentario. Queriamos formar parte dunha iniciativa como BFF, onde hai unha implicación directa de empresas tractoras do sector para validar a nosa metodoloxía, ferramentas TIC e coñecer de primeira man o feedback dos expertos.

  1. Como xurdiu a idea do voso proxecto?

As empresas xeran e almacenan multitude de datos operativos que, na maioría dos casos, non utilizan para optimizar os seus propios procesos de fabricación. Ante esta situación, detectamos a oportunidade de axudalas a analizalos a través de técnicas estatísticas avanzadas, modelado matemático ou machine learning para mellorar a súa produtividade e rendibilidade.

  1. Que achegades de novidoso ao sector?

Se ben existen outras consultoras especializadas na analítica de datos, a nosa experiencia no sector industrial convértenos nunha referencia neste ámbito.

  1. Dades resposta ao reto xestión dixital da calidade formulado na primeira edición de BFFood, que tecnoloxías usades para o desenvolvemento do voso proxecto?

Desenvolvemos a nosa propia plataforma na nube, AlphaCloud, baseada nas ferramentas proporcionadas por Microsoft Azure.

Trátase dunha plataforma de machine learning flexible e escalable cun elevado poder de personalización que permite analizar e optimizar os procesos de fabricación, mediante algoritmos de predición e prescrición baseados en técnicas de analítica avanzada. Debido ao enorme potencial do sector do curado do xamón, personalizámola para este ámbito.

  1. En BFFood contades con José Manuel Núñez, conselleiro delegado de Torre de Núñez, como mentor. Como está a ser a experiencia?

O labor de José Manuel como mentor vai máis alá do enorme coñecemento que ten do proceso produtivo e do sector. A súa curiosidade e iniciativa tamén nos están axudando a descubrir novas oportunidades sobre as que non pensaramos inicialmente. Sen dúbida, está a ser clave para o éxito do noso proxecto!

  1. Creastes algún tipo de sinerxía co resto de participantes de BFF?

Reunímonos con PS-Vet Dairy Quality, que participou nas primeiras roldas, e mantivemos conversacións con outros participantes que esperamos retomar tras o verán para ver posibles vías de colaboración.

  1. Recomendarías BFFood a outros emprendedores?

Por suposto! BFF permitiunos ter un maior acceso ao sector da alimentación, contar con todo o apoio do seu equipo humano e recibir formación durante todo o seu desenvolvemento.

  1. Por último, cal vos gustaría que fose o claim da vosa?

Analítica de datos e machine learning aplicado ao ámbito de operacións e produción. Listen your data, follow your data!

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

22/12/2020

BFFood impulsa 20 proxectos no sector alimentario galego no último ano

Os proxectos supuxeron un investimento directo de máis de 400.000 € e a xeración de 29 novos postos de traballo relacionados coa transformación dixital e a industria 4.0 no sector alimentario.
27/09/2019

Monkey Market: o software en liña que axudará ás empresas alimentarias na súa conquista do mercado chinés

Falamos cos cofundadores de Monkey Market para coñecer en que consiste este proxecto seleccionado na primeira edición de BFFood.