Xavier Barra é o promotor de CERTO, unha das seis iniciativas seleccionadas na primeira edición de BFFood que está a ser mentorizada pola empresa tractora CLUN. Un mes despois do pitch day, falamos con el para que nos explique en que consiste o seu proxecto e para coñecer como están a ser os comezos na fase de aceleración de Business Factory Food. Isto é o que nos contou!

  1. Por que decidistes presentarvos a BFFood?

Consideramos que é unha iniciativa moi interesante ao combinarse o apoio da Xunta de Galicia xunto ao do Clúster Alimentario de Galicia e ao haber unha implicación directa das empresas e a industria nos proxectos.

  1. Como xurdiu a idea do voso proxecto?

Debido á nosa proximidade co sector alimentario e á extrapolación de necesidades doutros ámbitos a nivel global, detectamos a oportunidade de xerar un produto que permitise garantir a procedencia e autenticidade do produto, á vez que proporcionase información adicional ao consumidor.

  1. Que achegades de novidoso ao sector?

A conexión do produtor co cliente final de forma simple e directa achegando valor engadido ao produto, mediante a trazabilidade e a garantía de autenticidade.

  1. En BFFood contades con Pablo Gómez, director da división láctea de CLUN, como mentor, que vos achega?

Contar con Pablo como mentor é unha vantaxe significativa que achega éxito ao proxecto grazas ao seu coñecemento específico e detallado do sector.

  1. A nivel xeral, que está a supoñer BFFood para vós e para o voso proxecto?

Unha oportunidade de ter acceso ao sector alimentario, ao que doutra forma sería imposible acceder, e de recibir unha formación imprescindible para operar dentro deste ámbito.

  1. Como agardades que estea o voso proxecto cando remate o programa de aceleración de BFFood?

O noso obxectivo ao finalizar BFFood é ter un produto mínimo viable aprobado polo noso cliente e disposto para as probas de aplicación e vida correspondentes. Nunha segunda fase, implementaremos a etiqueta na liña de produción para saír ao mercado.

  1. Por que recomendarías BFFood a outros emprendedores?

Pola oportunidade que ofrece de ter acceso ao sector, polo apoio de todo o equipo humano que forma BFFood e pola formación que se recibe durante todo o desenvolvemento do proxecto.

  1. Por último, cal vos gustaría que fose o claim da vosa empresa e aquilo polo que vos vexan diferente ao resto de empresas?

O título do noso proxecto xa o di: CERTO. En castelán esta palabra significa seguro, fiable.

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

22/12/2020

BFFood impulsa 20 proxectos no sector alimentario galego no último ano

Os proxectos supuxeron un investimento directo de máis de 400.000 € e a xeración de 29 novos postos de traballo relacionados coa transformación dixital e a industria 4.0 no sector alimentario.
27/09/2019

Monkey Market: o software en liña que axudará ás empresas alimentarias na súa conquista do mercado chinés

Falamos cos cofundadores de Monkey Market para coñecer en que consiste este proxecto seleccionado na primeira edición de BFFood.
23/09/2019

AlphaCloud, o proxecto de BFFood que analiza e optimiza os procesos de curación do xamón

Álvaro Dosil, director técnico de AlphaCloud, explica en que consiste este proxecto seleccionado na primeira edición de BFFood, que está a ser mentorizado por José Manuel Núñez, conselleiro delegado de Torre de Núñez.