Juan Manuel Cividanes, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), anunciou as iniciativas seleccionadas despois do pitch day. Un acto no que os representantes das 18 propostas preseleccionadas defenderon o seu proxecto ante o Comité Executivo de BFFood, que estivo formado por representantes do Igape, Axencia Galega de Innovación (GAIN), Sociedade Xestora de Entidades de Inversión de Tipo Pechado (XesGalicia), Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e das oito empresas tractoras.

Os seis proxectos seleccionados achegan solucións innovadoras para resolver os retos expostos polas empresas do sector nas áreas da dixitalización, automatización, comercialización, trazabilidade e loxística.

A partir de agora, estes seis proxectos accederán a un ámbito especializado para a súa aceleración con mentores, formación, coaching, servizos técnicos, infraestruturas e medios especificamente concibidos para o seu ámbito de desenvolvemento, así como a apoio económico a través de GAIN, XesGalicia e Igape.

Os seis proxectos seleccionados foron AlphaCloud, CERTO. Full Traceable Label, Essence Food, Monkey Market, Muutech monitoring solutions e oSIGris.

A convocatoria da segunda edición de BFFood arrancará en outubro co obxectivo de dar apoio integral e especializado durante 12 meses de duración a empresas xa constituídas cun produto ou servizo aliñado con algún dos retos expostos polas empresas do sector alimentario e coas súas primeiras vendas xa realizadas.

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

22/12/2020

BFFood impulsa 20 proxectos no sector alimentario galego no último ano

Os proxectos supuxeron un investimento directo de máis de 400.000 € e a xeración de 29 novos postos de traballo relacionados coa transformación dixital e a industria 4.0 no sector alimentario.
27/09/2019

Monkey Market: o software en liña que axudará ás empresas alimentarias na súa conquista do mercado chinés

Falamos cos cofundadores de Monkey Market para coñecer en que consiste este proxecto seleccionado na primeira edición de BFFood.
23/09/2019

AlphaCloud, o proxecto de BFFood que analiza e optimiza os procesos de curación do xamón

Álvaro Dosil, director técnico de AlphaCloud, explica en que consiste este proxecto seleccionado na primeira edición de BFFood, que está a ser mentorizado por José Manuel Núñez, conselleiro delegado de Torre de Núñez.