BFFood no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA)

A Universidade da Coruña organizou a presentación de BFFood no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA). O evento contou coa participación da directora do Campus Innova, Susana Ladra, que inaugurou a xornada.

Así mesmo, cabe destacar a presentación de José Miguel Rivero Martín, director de Fábricas de España do Grupo Calvo, e de Juan Carlos Galán, do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG). Finalmente, Andrés Faíña Medín, catedrático Jean Monnet de Economía Industrial Europea e director do Máster en Innovación e Estratexia Dixital, compartiu cos presentes os desafíos que a revolución dixital e a transformación das empresas supoñen para o ámbito do emprendemento.

Por último, Javier Osuna, xerente de BFFood, fixo un repaso das características da aceleradora e da convocatoria aberta ata o próximo 16 de maio.

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

22/12/2020

BFFood impulsa 20 proxectos no sector alimentario galego no último ano

Os proxectos supuxeron un investimento directo de máis de 400.000 € e a xeración de 29 novos postos de traballo relacionados coa transformación dixital e a industria 4.0 no sector alimentario.
27/09/2019

Monkey Market: o software en liña que axudará ás empresas alimentarias na súa conquista do mercado chinés

Falamos cos cofundadores de Monkey Market para coñecer en que consiste este proxecto seleccionado na primeira edición de BFFood.
23/09/2019

AlphaCloud, o proxecto de BFFood que analiza e optimiza os procesos de curación do xamón

Álvaro Dosil, director técnico de AlphaCloud, explica en que consiste este proxecto seleccionado na primeira edición de BFFood, que está a ser mentorizado por José Manuel Núñez, conselleiro delegado de Torre de Núñez.