07/01/2020

BFFood comeza o ano 2020 estreando instalacións! E é que os proxectos participantes en calquera dos seus dous programas poderán gozar dun espazo coworking en Santiago de Compostela, no que compartir experiencias con outros emprendedores que están a desenvolver proxectos no seu mesmo sector e cun grao de evolución similar.

Concretamente, o espazo coworking localízase no despacho 17 do edificio FEUGA (Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n Campus Vida). O obxectivo desta nova zona de traballo é que os proxectos participantes en Business Factory Food poidan desenvolver o seu proxecto e á vez intercambiar iniciativas e inquietudes entre eles.

Ademais deste espazo coworking, os proxectos de BFFood poderán facer uso de calquera dos espazos de incubación postos á súa disposición por parte das entidades colaboradoras da aceleradora en Galicia, que son:

  • Edificio EMPRENDIA (Santiago de Compostela)
  • Edificio de Ferro (Ourense)
  • CITI (Ourense)
  • CITEXVI (Vigo)
  • CUSA (Vigo)

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

25/09/2026

9 proxectos innovadores presentan as súas solucións para o sector alimentario no Demo Day da VII Edición da Business Factory Food

O Demo Day da VII Edición da Business Factory Food celebrouse o  23 de setembro no Hotel Palacio del Carmen, onde as startups presentaron os avances […]
11/09/2026

Innovación alimentaria en acción: así será o Demo Day da VII edición de BFFood

O encontro celebrarase o 23 de setembro no Hotel Palacio del Carmen de Santiago de Compostela Reunirá os proxectos da VII edición con empresas, mentores, investidores e […]
✕