Business Factory Food, mellor aceleradora galega e oitava a nivel nacional

Business Factory Food (BFFood) foi recoñecida como a mellor aceleradora de empresas de Galicia e a oitava a nivel nacional no Ranking Global Funcas de aceleradoras de empresas 2021 – 2022, que elabora a Fundación das Caixas de Aforro Funcas e a Universidade Rey Juan Carlos.

Impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia e empresas de referencia na industria alimentaria, BFFood foi seleccionada neste informe de Funcas polos recursos e servizos específicos que ofrece ás startups, permitíndolles alcanzar a madurez adecuada nun curto período de tempo e así conseguir os seus obxectivos de crecemento e consolidación.

BFFood foi seleccionada entre un total de máis de cen aceleradoras repartidas polas diferentes comunidades autónomas. No ranking global ocupa o oitavo posto, mentres que a nivel Galicia é a primeira clasificada, seguida de ViaGalicia e ABANCA innova.

A aceleradora aparece por primeira vez neste ranking, que valora a escalabilidade e desenvolvemento das súas tres edicións nas que foron impulsados máis de 25 proxectos, que fan fronte aos retos da industria alimentaria nunha contorna global.

Bodegas Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, CEAMSA, Clavo Food Factory, Congalsa, Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), Corporación Laber, DS Smith, Gadis, Galacteum, Grupo Pereira, Kiwi Atlántico, CAPSA FOOD (Larsa), LENCE (Grupo Leche Río), Nueva Pescanova, Quescrem, Torre de Núñez, Vegalsa Eroski e Viña Costeira son as empresas tractoras que se encargan do proceso de mentoría dos proxectos seleccionados en BFFood.

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

24/09/2025

Estes son os 16 proxectos protagonistas da VII edición en aceleración e consolidación

A Business Factory Food (BFFood), a aceleradora de referencia do sector alimentario galego, volve situarse no centro da innovación coa selección de 16 proxectos emprendedores que […]