A BFFood, protagonista nos Premios Emprendedor XXI Galicia

Este xoves 24 de marzo tivo lugar a entrega do Premio Emprendedor XXI Galicia 2022, correspondente á fase rexional destes galardóns. O premio recaeu sobre a empresa Innogando, cuxo proxecto ELITER formou parte da III Edición da aceleradora vertical do sector alimentario galego Business Factory Food.

BFFood tamén contou con representación nos finalistas, entre os que se atopaba a startup Ghop, tamén membro da III Edición da aceleradora; así como no xurado, no cal un dos integrantes foi, precisamente, o responsable da BFFood Javier Osuna. O acto, que tivo lugar no Edificio CINC da Cidade da Cultura, foi clausurado por Fernando Guldrís, director xeral do IGAPE.

IV Edición de BFFood

As empresas interesadas en formar parte da IV Edición poden presentar as súas propostas ata o 30 de abril a través do formulario da web. A selección valorará todos aqueles proxectos que cumpran os termos e condicións fixados nas bases da convocatoria e escollerá un máximo de 6 proxectos para cada categoría (aceleración e consolidación).

Esta selección levarase a cabo na fase de entrevista persoal e Pitch Day ante o Comité de Selección, composto por persoal designado de GAIN, IGAPE, XesGalicia, Clusaga, e as empresas tractoras.

Premios Emprendedor XXI Galicia

O acto de entrega destes galardóns dirixidos a microempresas e pemes de base tecnolóxica e innovadora de calquera sector de actividade celebrouse dentro do DayOne Innovation Summit Galicia, evento organizado por CaixaBank.

Este encontro conxuga conferencias e mesas redondas sobre tendencias en emprendemento en diversas áreas xunto con actividades centradas en fomentar o networking.

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

24/09/2025

Estes son os 16 proxectos protagonistas da VII edición en aceleración e consolidación

A Business Factory Food (BFFood), a aceleradora de referencia do sector alimentario galego, volve situarse no centro da innovación coa selección de 16 proxectos emprendedores que […]