O acto presentado por Xosé Ramón Vázquez, coordinador de I+D+i de ANFACO- CECOPESCA, contou coa participación de Nueva Pescanova, a través de Corina Porro do departamento de Investigación, que explico os detalles e particularidades do Reto 6: Coberturas Rexintes. Así mesmo, o xerente de CLUSAGA, Roberto Alonso, expuxo con detalle as características de BFFood e as particularidades da convocatoria aberta ata o próximo 16 de maio. Ao finalizar as exposicións, houbo unha rolda de preguntas con gran participación dos asistentes.