Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario galego impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e empresas de referencia na industria alimentaria galega, acaba de celebrar o demo day da III Edición deste programa.
Durante o encontro, que tivo lugar no Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela), 10 dos 14 proxectos que formaron parte desta terceira edición realizaron unha presentación explicando como a súa iniciativa innovadora ofreceu resposta aos principais retos plantexados polas empresas do sector alimentario galego.
Aotech, Asuque, Eliter, Ethical Farm Box, Galinsect, Ghop, Hk:Coffee, Ingal, Kiwanda Food, Mindsaic, Mobitec, ODS Protein, TotalGAC Food e Wapping aportaron solucións nas áreas temáticas de trazabilidade, calidade e seguridade alimentaria; desenvolvemento de novos produtos; innovación de procesos e comercialización; dixitalización e automatización; e loxística.
Durante o seu paso polo programa de emprendemento de BFFood, estos proxectos recibiron apoio integral e especializado do sector alimentario galego en función do seu grao de desenvolvemento. Os proxectos no programa de aceleración, Aotech, Asuque, Eliter, Ghop, Ingal, Mindsaic, ODS Protein e TotalGAC Food, desenvolveron durante 9 meses o seu produto ou servizo mínimo viable, mentres que aqueles no programa de consolidación, Ethical Farm Box, Galinsect, Hk:Coffee, Kiwanda Food, Mobitec e Wapping, afianzaron durante 12 meses as súas primeiras ventas.
Ademais, estas startups tiveron ás principais empresas líderes do sector coma mentoras, guiando e facilitando o seu desenvolvemento no ecosistema emprendedor, e tiveron acceso a financiación específica, en forma de subvencións a fondo perdido e préstamos participativos.
Nese aspecto, o CEO de Torre de Núñez, Jose Manuel Núñez Torre, salientou durante o seu discurso de peche do evento que, “en total, na tercera edición realizaronse máis de 350 horas de mentoría e coaching, e os proxectos recibiron 64 horas de formación”. Unhas cifras que “son froito do traballo en común de Clusaga coa Xunta de Galicia, a través Gain, Igape e XesGalicia, das empresas tractoras CONGALSA, LENCE (Grupo Leche Río), DS-SMITH, GALACTEUM, Corporación Laber, Capsa Vida (Larsa), Vegalsa-Eroski, Clun, Gadisa, Kiwi Atlántico, Cafés Candelas, Nueva Pescanova e Viña Costeira, as tres universidades públicas galegas e a rede de colaboradores”.
Pola súa banda, o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, salientou o labor de BFFood no reforzo da competitividade e a transformación dixital do sector alimentario galego.
Durante o evento, Javier Osuna, responsable de BFFood, anunciou a apertura da convocatoria para presentar proxectos e optar a formar parte da IV edición de BFFood, que se manterá aberta ata o 30 de abril. De entre as candidaturas presentadas serán seleccionadas ata seis iniciativas para o programa de aceleración e ata seis para o de consolidación, co obxectivo de ofrecer solucións disruptivas para facer fronte aos novos desafíos do sector dos alimentos e as bebidas.
Esta nova edición contará, ademais, co apoio de dúas novas empresas tractoras para o programa de mentoring: Casa Grande de Xanceda e Hijos de Rivera, que se suman ao resto de entidades que levan apoiando a BFFood dende os seus inicios.