“Viabilidade, sustentabilidade e perspectivas” son os tres valores que puxeron en marcha Galinsect, tal e como afirma a súa CEO, Rubén Recamán. Este proxecto foi un dos seleccionados na segunda edición do programa de aceleración de Business Factory Food, onde conta coa mentoría de Juanjo De la Cerda, Director Corporativo de I+D e Calidade de Nueva Pescanova, e Carlos Alberte, Director Técnico de Viticultura de Viña Costeira.
Para coñecer en detalle esta iniciativa, que ten a súa orixe en Vigo, falamos coa súa CEO, Rubén Recamán.
Como xurdiu Galinsect?
A nosa iniciativa xurdiu pola motivación de todos os compoñentes do equipo de poder desenvolver un proxecto propio conxunto que cumprise con 3 condicionantes que todos considerabamos imprescindibles: viabilidade, sustentabilidade e perspectivas.
Galinsect é o resultado dunha profunda análise tanto interno, por parte do propio equipo e os recursos, como externo, sobre a contorna, o mercado e a economía.
Que achegades de novo ao sector?
A introdución dun produto completamente novo para a alimentación acuícola, gandeira e de animais de compañía. Concretamente, unha nova fonte de proteína animal cun menor impacto ambiental que a gandería tradicional e, por conseguinte, moito máis sostible.
Dais resposta ao reto de desenvolvemento de novo produtos sostibles exposto polas empresas tractoras de BFFood, que tecnoloxías usades para iso?
A nosa tecnoloxía está ligada á forma de produción, no seu deseño e metodoloxía e, á distribución e comercialización do produto, facendo uso de plataformas de comercio online tanto propias como externas.
Que vos animou presentarvos a BFFood?
O principal motivo de presentar a nosa candidatura á BFFood foi a posibilidade de entrar en contacto co ecosistema empresarial que integra a aceleradora, composta polos grandes actores da industria alimentaria galega. Consideramos que a súa experiencia e heteroxeneidade podían ser de gran axuda para a posta en marcha e consolidación do noso proxecto.
En BFFood contades coa mentorización de Nueva Pescanova e Viña Costeira, como está a ser esta experiencia?
Para nós, este mentoring é o maior elemento de valor da aceleradora, xa que a dilatada experiencia das empresas tractoras Nueva Pescanova e Viña Costeira, así como o perfil e calidade dos nosos mentores, Juanjo De la Cerda e Carlos Alberte, exceden con fartura as nosas expectativas. Grazas a eles puidemos arrincar co noso proxecto segundo os prazos previstos e, ademais, están a orientarnos de forma moi concreta en todos os aspectos tanto técnicos como burocráticos, loxísticos e comerciais.
Como está a ser vosa relación co resto da comunidade que forma BFFood?
Tivemos algún contacto con outros participantes da aceleradora e cremos que existen moitas posibilidades de que, ao finalizar o noso paso pola mesma, podamos alcanzar acordos e colaboracións.
Falando de cando finalice o voso paso pola aceleradora, que obxectivo vos marcastes coa vosa participación en BFFood?
O principal obxectivo que nos marcamos é o de poder ter xa conformado e operativo o noso modelo de negocio e estar xa en disposición de comercializar o noso produto.
Gustaríanos que se nos recoñecese polo noso carácter innovador e sostible e, moi especialmente, pola nosa determinación para visibilizar e dinamizar o rural galego.
Por último, recomendariades esta aceleradora a outros emprendedores do sector alimentario?
Por suposto! BFFood permitiralles entrar en contacto directo coas principais empresas do sector alimentario galego e aprender da súa experiencia e coñecemento. Ademais, para novas empresas a aceleradora pode supoñer unha gran oportunidade para gañar visibilidade no mercado.