O PitchDay da VIII edición da BFFood reúne 21 startups innovadoras que aspiran a incorporarse aos programas de aceleración e consolidación

O Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, acolleu o pasado xoves 2 de xullo o PitchDay da VIII edición da Business Factory Food (BFFood), a aceleradora especializada no sector agroalimentario promovida pola Xunta de Galicia e impulsada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga).

Ao longo da xornada, 21 proxectos innovadores do ámbito foodtech presentaron as súas propostas ante o comité de selección, empresas tractoras, entidades colaboradoras e profesionais do ecosistema agroalimentario, nun encontro clave para seleccionar as iniciativas que formarán parte das fases de aceleración e consolidación da oitava edición da BFFood.

A sesión foi inaugurada por Roberto C. Alonso Ferro, director de Clusaga, mentres que a benvida institucional correu a cargo de Patricia López Quintiá, subdirectora de Innovación Empresarial do Igape, quen puxo en valor a traxectoria da Business Factory Food, un programa que xa acompañou 87 proxectos emprendedores, moitos deles convertidos en empresas que hoxe contribúen a xerar emprego, innovación e valor engadido para o sector agroalimentario galego. A apertura da xornada estivo conducida por Noelia Dosil Mayán, coordinadora da Área de Innovación, Transformación Dixital e Emprendemento de Clusaga.

Trece startups optan ás prazas do programa de aceleración

Durante os tres primeiros bloques da xornada, 13 proxectos procedentes da fase de incubación defenderon as súas propostas para optar a unha das 10 prazas do programa de aceleración.

As startups participantes foron:

  1. fluenzia, representada por Marco Lema García.
  2. TutorIA – Galifritas, representada por Lucía Echevarría Rodríguez.
  3. BIOSentinel (Sens Solutions), representada por Deirdre Soutar.
  4. Ostras, representada por Evelien Moriau.
  5. Thales, representada por Cem Evcim.
  6. Chocolates by Peruxiñas, representada por Aitor Castro Maira.
  7. Kresko RNAtech, representada por Carla Borini Etichetti.
  8. BioRefQui SpA (Biorefinería Química), representada por Maximiliano Andrés Pino Orellana.
  9. Agrosintex, representada por Lucia Belga.
  10. NanoBioFood (Nano Cuántica), representada por Manuela Alvarez.
  11. Galaxy Pack, representada por Andrés Humberto Mora.
  12. Luyef Biotechnologies, representada por Mónica Toro.
  13. HERMIA – Infood Protein, representada por Neudo Buelvas.

Oito proxectos finalistas presentan candidatura ao programa de consolidación

Na segunda parte do PitchDay foi a quenda dos oito proxectos finalistas que optan a unha das seis prazas do programa de consolidación, orientado a startups cun maior grao de madurez empresarial.

Participaron neste bloque:

  1. ComexSoft, representada por José Manuel García Boticario.
  2. Aguas Lérez, representada por Carlos Fontán Ruiz.
  3. Fuxe Fuxe, representada por Máximo Sánchez.
  4. DIVERSA, representada por Abi J. Vázquez.
  5. Raizul, representada por Christian Hurtado.
  6. Souji, representada por Catalina Trujillo.
  7. Gloop, representada por Hernan Hernández Olaya.
  8. AWÁ Nutrition, representada por Bernardo Guevara.

A resolución, proximamente

A xornada concluíu cun recoñecemento ao elevado nivel das presentacións e ao traballo desenvolto polas startups participantes. A resolución coa relación de proxectos seleccionados para incorporarse aos programas de aceleración e consolidación da VIII edición da Business Factory Food darase a coñecer o 6 de xullo, trala avaliación do comité e ratificación de Igape.

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

24/09/2025

Estes son os 16 proxectos protagonistas da VII edición en aceleración e consolidación

A Business Factory Food (BFFood), a aceleradora de referencia do sector alimentario galego, volve situarse no centro da innovación coa selección de 16 proxectos emprendedores que […]