Patricia Argerey, Directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Juan Manuel Cividanes, Director do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), e Fernando Guldrís, Director Xeral de Xesgalicia, deron a coñecer esta mañá tras a celebración do pitch day os oito proxectos que serán acelerados na segunda edición de BFFood. Ao evento acudiu tamén Francisco Conde, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.
Biopraedium, Galinsect, HEROOJ, Hk_smart:food by himikode, Stateralabs, Smart vitamins, SITRAV e Kiwanda son as iniciativas que accederán ao programa de apoio integral e especializado de nove meses de duración con mentoring, formación, coaching, servizos técnicos, infraestruturas e medios especificamente concibidos para o seu ámbito de desenvolvemento, así como a financiamento por parte da Xunta de Galicia.
Biopraedium, iniciativa de Santiago de Compostela que dá solución ao reto de desenvolvemento de novos produtos, poñendo ao dispor dos seus clientes unha gama de solucións domésticas co autoconsumo e a sustentabilidade como eixos principais. Hidroponia, aeroponia e acuaponia son algúns dos sistemas cos que xa traballan. Ruben Hidalgo, Director CAPSA V.I.D.A. de CAPSA FOOD (Larsa), exercerá como mentor deste proxecto.
Galinsect, proxecto vigués que presenta solución ao reto da sustentabilidade no sector. Ofrece a cría e comercialización de insectos para satisfacer a demanda de proteína limpa e sostible medioambientalmente, para mercados acuícola, gandeiro e de mascotas. Juanjo De la Cerda, Director Corporativo de I+D e Calidade del Grupo Nueva Pescanova, e Carlos Alberte, Director Técnico de viticultura de Viña Costeira, mentorizarán esta iniciativa.
HEROOJ, proxecto presentado desde Barcelona ao reto de desenvolvemento de novos produtos. Concretamente, hidrogeles, barritas enerxéticas, hipertónicos e isotónicos 100% ecolóxicos e naturais, feitos con base de auga de mar, enfocados a deportistas de resistencia e cun packaging compostable. Esta iniciativa contará coa mentoría de Antonio Cortés, Director de Responsabilidade Social Corporativa de Gadisa, e o apoio de Xaquín Antón, Director de proxectos de I+D+i de Clavo Food Factory.
Hk_smart:food by himikode, iniciativa procedente de Lugo que dá resposta ao reto dixitalización e automatización da industria. Facilita a xestión e garante a trazabilidad, seguridade e sustentabilidade dos produtos que operan na canle Horeca, conectando en tempo real ás marcas cos seus clientes. Alejandro Álvarez, Director Financeiro de Cafés Candeas, exercerá como mentor deste proxecto.
Stateralabs – Liposomas de DHA con curcumina e vitamina D, proxecto de Santiago de Compostela que desenvolve novos produtos. Establece a creación de tres liñas de produtos: Healthinfoods (nutracéuticos orientados a deportistas, embarazadas e persoas con doenzas), Equinhealth (biocéuticos para cabalos de competición) e Healthinfoods Bioactives (ingredientes bioactivos para distintas matrices alimentarias). Ruben Hidalgo, Director CAPSA V.I.D.A. de CAPSA FOOD (Larsa), e Iago Quintana, Director Xeral de Dairylac, mentorizarán esta iniciativa.
Smart vitamins – Nanocápsulas bioactivas para enfermidades autoinmunes, idea desenvolvida no CIMUS polo laboratorio de María José Alonso, Catedrática da Universidade de Santiago de Compostela e experta no campo da tecnoloxía nanofarmacéutica e a nanomedicina. Busca validar o efecto biolóxico dunha emulsión de nanocápsulas de compostos bioactivos facilmente integrables en diferentes alimentos, para o tratamento de enfermidades neurodegenerativas e autoinmunes, administrables por oral. Roberto Alonso, Xerente do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), exercerá como mentor deste proxecto.
SITRAV – Sistema de trazabilidad avanzado, iniciativa procedente de Marín (Pontevedra) que busca solución ao reto da dixitalización e automatización da industria. Desenvolve un sistema intelixente de trazabilidad de recollida, explotación e posta ao dispor de datos relacionados cos sistemas de produción industrial. Mónica Cascallar, Directora de Innovación de Congalsa, mentorizará proxecto.
Kiwanda – Solucións RFID para inventario e trazabilidad, proxecto de Santiago de Compostela que aborda o reto loxístico da industria. Ofrece unha solución aos problemas de inventario e trazabilidad na cadea de subministración, automatizando procesos de identificación e control, grazas á tecnoloxía RFID. José Carlos Vila, Director Xeral de Kiwi Atlántico, exercerá como mentor desta iniciativa