Modificacións en BFFood con motivo da alerta sanitaria da COVID-19

16/03/2020

Con motivo da alerta sanitaria causada pola COVID-19, o período de inscrición á I convocatoria de consolidación de BFFood amplíase sen unha data definitiva de peche ata que finalice o estado de alarma decretado polo Goberno.

Tal e como indica o Diario Oficial de Galicia do 15 de marzo de 2020, «os prazos de prescrición e caducidade de calquera acción e dereito quedarán suspendidos durante o prazo de vixencia do estado de alarma e, de ser o caso, das prórrogas que se adopten». Informaremos en canto sexa posible da nova data de peche do período de inscrición ao programa de consolidación de BFFood.

Por outro lado, tal e como se informou nos perfís en redes sociais da aceleradora o pasado xoves 12 de marzo, quedaron aprazadas todas as actividades presenciais programadas para as próximas semanas co obxectivo de colaborar coas autoridades sanitarias e actuar con responsabilidade para garantir a seguridade de toda a poboación.

Concretamente, ditas actuacións eran as seguintes:

  • Acto de presentación da I convocatoria de consolidación no edificio CACTUS do Campus Terra (Lugo)
  • Xornada Xestión da Propiedade Industrial e Intelectual na sala de formación do Centro de Negocios de Porto do Molle (Nigrán)
  • Acto de presentación da I convocatoria de consolidación no edificio Emprendia da USC (Santiago de Compostela)
  • Presenza no evento Startup Congress Galicia en Palexco (A Coruña).

O equipo xestor de BFFood, as empresas tractoras e os mentores e mentoras seguirán traballando e estando dispoñibles de forma online para os participantes da aceleradora e os nosos espazos coworking permanecerán pechados.

Agradecémosvos a vosa confianza e esforzo colectivo co #EuQuedoNaCasa para poder retomar canto antes a normalidade. Para calquera dúbida, podedes contactarnos no email bff@clusaga.org

Guía do participante

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

05/08/2026

Aberta a convocatoria para sumarse á IX Edición da Business Factory Food

O programa Business Factory Food (BFFood) abriu a inscrición para a súa IX edición, ofrecendo unha oportunidade única de crecemento para as startups do sector alimentario […]
06/07/2026

A BFFood selecciona 16 proxectos innovadores para a súa VIII edición tras un PitchDay marcado polo talento internacional

Dez startups incorpóranse ao programa de aceleración e seis acceden ao programa de consolidación A VIII edición da BFFood reforza o seu carácter internacional con iniciativas […]