Xavier Barra é o promotor de CERTO, unha das seis iniciativas seleccionadas na primeira edición de BFFood que está a ser mentorizada pola empresa tractora CLUN. Un mes despois do pitch day, falamos con el para que nos explique en que consiste o seu proxecto e para coñecer como están a ser os comezos na fase de aceleración de Business Factory Food. Isto é o que nos contou!
Cremos que é una iniciativa moi interesante ao combinarse o apoio de la Xunta de Galicia xunto ao do Clúster Alimentario de Galicia e a implicación directa das empresas e a industria nos proxectos.
Debido á nosa proximidade co sector alimentario e á extrapolación de necesidades doutros ámbitos a nivel global, detectamos a oportunidade de xerar un produto que permitise garantir a procedencia e autenticidade do produto, á vez que proporcionase información adicional ao consumidor.
A conexión do produtor co cliente final de forma simple e directa achegando valor engadido ao produto, mediante a trazabilidad e a garantía de autenticidade.
Contar con Pablo como mentor é unha vantaxe significativa que achega éxito ao proxecto grazas ao seu coñecemento específico e detallado do sector.
Unha oportunidade de ter acceso ao sector alimentario, ao que doutra forma sería imposible acceder, e de recibir unha formación imprescindible para operar dentro deste ámbito.
O noso obxectivo ao finalizar BFFood é ter un produto mínimo viable aprobado polo noso cliente e disposto para as probas de aplicación e vida correspondentes. Nunha segunda fase, implementaremos a etiqueta na liña de produción para saír ao mercado.
Pola oportunidade que ofrece de ter acceso ao sector, polo apoio de todo o equipo humano que forma BFFood e pola formación que se recibe durante todo o desenvolvemento do proxecto.
O título do noso proxecto xa o di: CERTO. En castelán esta palabra significa seguro, fiable.