«Ser unha empresa referente en monitoraxe, con presenza internacional e percibida como local en cada mercado, en continuo crecemento e procura de solucións aínda máis innovadoras que melloren a competetividad e sustentabilidade dos seus clientes a través dos seus servizos». Esta é a carta de presentación de Muutech, proxecto selecionado na primeira edición de BFFood que está a ser mentorizado por José Miguel Rivero, director de planta de Calvo.
Falamos con Fernando Fernández-Valdés, CTO de Muutech, para que coñecer en detalle este innovador proxecto.
Coa nosa idea e un bo asesoramento estamos convencidos de que podemos atopar as funcionalidades necesarias para encaixar no que demanda o sector e, á súa vez, achegar valor ás empresas. Por iso, apostamos por presentarnos a BFFood.
A idea xorde a partir da necesidade que detectamos, en gran parte das empresas e sectores industriais, dun maior control dos procesos produtivos para garantir a eficiencia dos mesmos.
Para mellorar hai que medir, o que, á súa vez, axuda a tomar decisións en base a información e non en suposicións. Nós proporcionamos esta información de maneira sinxela facendo fácil a toma de decisións nas empresas, sendo un elemento crave entre produción e negocio e sen ser un Enterprise Resource Planning (ERP), Manufacturing Execution System (MES) ou programa de BI, pero podendo interactuar con calquera deles.
En Muutech provemos unha forma fácil de visualizar de forma gráfica o impacto que ten unha determinada característica da materia prima no produto terminado en tempo real, de forma directa, rápida e fiable.
A base do noso proxecto baséase en tecnoloxías e ferramentas open source, que nos permiten avanzar moi rápido e ter un produto funcional en moi pouco tempo, ademais de realizar desenvolvementos propios que potencian a nosa ferramenta principal. Todo iso combinámolo con tecnoloxías IoT, Intelixencia artificial, monitoraxe distribuída e tecnoloxías web.
É un sector moi competitivo, onde, ao noso parecer, existe unha gran diferenza entre as grandes corporacións que invisten en dixitalización e tecnoloxía e as pemes ás que, cunhas marxes máis apertadas, cústalles máis investir neste tipo cosas.
Cremos, en comparación con outros sectores industriais onde temos experiencia, como a automoción ou a enerxía, que á industria alimentaria cústalle máis investir en tecnoloxía, polo que existe un potencial moi grande de mellora por parte as empresas. E é aquí onde Muutech trata de axudar.
Estamos encantados co noso mentor! Sabemos que nos dará unha visión moi boa do sector grazas á súa experiencia tanto na parte operativa como na de negocio.
BFFood está a darnos unha gran visibilidade dentro do sector alimentario galego. Ademais, ofrécenos a oportunidade de asistir a eventos de networking, visitar plantar produtivas e coñecer de forma directa a forma de traballar da industria.
Ademais, o feito de poder contar cun mentor dunha gran empresa, como é Calvo, axúdanos a traballar no camiño correcto.
Un dos nosos obxectivos principais é aprender o máximo posible do sector da alimentación para ter un produto mínimo viable ao finalizar BFFood. Cremos que imos por bo camiño e que Muutech terá boa acollida.
É unha fantástica maneira de establecer sinerxias entre empresas en base ás necesidades do sector alimentario galego, un dos máis potentes tanto a nivel rexional como nacional.
Monitoring Made Easy. En Muutech facemos que a monitoraxe, a toma de datos, os cadros de mando e información preditiva sexa fácil e accesible para todo tipo de empresas, axudando a tomar decisións informadas e impactando positivamente na conta de resultados da empresa.