O evento de presentación contó coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que destacou que o obxectivo deste novo proxecto é fomentar o emprendemento innovador nesta industria e fortalecer a súa proxección internacional.
A BBFood vén a sumar ás aceleradoras sectoriais coas que Galicia conta en sectores como a automoción ( BFAuto), a aeronáutica ( BFAero), a biotecnoloxía ( Bioincubatech) ou Agrobiotech (centrada no agroalimentario, a biotecnoloxía e a biomasa). Ademais, intégrase en StartIN Galicia, que aglutina aceleradoras e coworkings cos que se está apoiando o desenvolvemento de 900 proxectos emprendedores.