Os retos da 1ª Edición de BFFood inclúen varios relacionados coas tecnoloxías da información polo cal levouse a cabo un encontro empresarial entre as empresas que conforman o Clúster TIC de Galicia e as empresas tractoras de BFFood. O foro contou tamén coa participación de IGAPE, a través de Norberto Penedo, responsable del Área de Competitividade.
As empresas tractoras de BFFood, Bodegas Martín Códax, Clavo Food Factory, Kiwi Atlántico, Quescrem e CLUN participaron activamente no encontro para propiciar sinerxías entre ambos os sectores, alimentación e TIC.