Juan Manuel Cividanes, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), anunciou as iniciativas seleccionadas despois do pitch day. Un acto no que os representantes das 18 propostas preseleccionadas defenderon o seu proxecto #ante o Comité Executivo de BFFood, que estivo formado por representantes do Igape, Axencia Galega de Innovación (GAIN), Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (XesGalicia), Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e das oito empresas tractoras.
Os seis proxectos seleccionados achegan solucións innovadoras para resolver os retos expostos polas empresas do sector nas áreas da dixitalización, automatización, comercialización, trazabilidad e loxística.
A partir de agora, estes seis proxectos procedentes de Galicia accederán a un ámbito especializado para a súa aceleración con mentores, formación, coaching, servizos técnicos, infraestruturas e medios especificamente concibidos para o seu ámbito de desenvolvemento, así como a apoio económico a través de GAIN, XesGalicia e Igape.
Os seis proxectos seleccionados foron AlphaCloud, CERTO. Full Traceable Label, Essence Food, Monkey Market, Muutech monitoring solutions e oSIGris.
A convocatoria da segunda edición de BFFood arrincará en outubro co obxectivo de dar apoio integral e especializado durante 12 meses de duración a empresas xa constituídas cun produto ou servizo aliñado con algún dos retos expostos polas empresas do sector alimentario e coas súas primeiras vendas xa realizadas.