Os proxectos supuxeron un investimento directo de máis de 400.000 € e a xeración de 29 novos postos de traballo relacionados coa transformación dixital e a industria 4.0 no sector alimentario.
Presentación no Campus Auga
BFFood realizou outro evento de presentación da nova convocatoria na procura de proxectos de emprendemento no ámbito universitario, esta vez, o evento realizouse no Campus Auga da Universidade de Vigo en Ourense. O acto foi organizado polas Vicerreitorías do Campus de Ourense-Campus da Auga e de Transferencia da Universidade de Vigo e contou coa participación do IGAPE.
As próximas citas no mes de abril serán en ANFACO-CECOPESCA, no Clúster TIC e na Universidade da Coruña.
Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar
Falamos cos cofundadores de Monkey Market para coñecer en que consiste este proxecto seleccionado na primeira edición de BFFood.
Álvaro Dosil, director técnico de AlphaCloud, explica en que consiste este proxecto seleccionado na primeira edición de BFFood, que está a ser mentorizado por José Manuel Núñez, conselleiro delegado de Torre de Núñez.



