Infoday V Edición BFFood

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) organiza en colaboración coa Fundación Empresa-Universidad Gallega (FEUGA) o Infoday da V Edición de Business Factory Food (BFFood). Esta xornada informativa terá lugar o próximo 4 de novembro, de 10.00 a 12.00 horas, no Edificio FEUGA (Campus Vida, Santiago de Compostela).

Este encontro reune a autoridades e representantes de BFFood para ofrecer unha retrospectiva das súas edicións anteriores, e expor todos os detalles relativos á V Edición, tanto os programas que ofrece e dos recursos que pon ao alcance do seus proxectos.

O prazo de presentación de proxectos para esta V Edición mantense aberto ata o próximo 20 de decembro.

Programa da xornada

Tras a benvida de representantes de GAIN, Clusaga e FEUGA, terá lugar un relatorio sobre ecosistemas de emprendemento e innovación en España a cargo de Emilio Corchado, CEO e Fundador de Startup Olé e director de CYL-HUB.

A continuación, representantes de SENSESBIT by Taste Lab, Healthinfoods e Muutech integrarán a mesa redonda “Casos de éxito de participación en BFFood”, que contará con Chini Porro coma moderadora, en representación de Nueva Pescanova, unha das 22 empresas tractoras da aceleradora.

Tras estas intervencións, terá lugar a presentación da V Edición de BFFood por parte de Xosé Ramón Vázquez, responsable da aceleradora en Clusaga; Noelia Vilar, Technology Transfer and Valorization Manager de FEUGA; Higinio Mougan, director xerente de AGACA; e Mª Angeles Romero, catedrática da Área de Tecnoloxía dos Alimentos da USC.

Unha vez abordados todos os detalles desta nova convocatoria e tras o peche institucional a cargo de IGAPE e Clusaga, darase paso ao coffee networking.

V Edición da BFFood

BFFood, a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada por Clusaga, mantén aberto o prazo de presentación de proxectos para optar a formar parte da súa V Edición ata o 20 de decembro ás 14.00 horas. Poden presentarse a esta candidatura proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais como internacionais, que dean resposta aos retos do sector.

Os proxectos seleccionados optarán a programas de coaching, formación especializada, acceso a infraestruturas científico-técnicas e servizos avanzados, mentoría dos líderes do sector, financiación directa e acceso a inversión, así como a unha rede de networking no ecosistema de innovación alimentario.

Na V Edición seleccionaranse ata dez iniciativas para o programa de aceleración, de 9 meses de duración, e ata seis para o de consolidación, de 12 meses de duración. O programa de aceleración está enfocado a iniciativas emprendedoras na súa fase inicial, que estean desenvolvendo ou teñan desenvolvido un produto ou servizo mínimo viable e esbozado un modelo de negocio. O de consolidación, a empresas xa constituídas cun produto o servizo definido e primeiras vendas xa realizadas.

Asistencia á xornada

Para participar requírese inscrición previa a través do formulario que aparece a continuación, que permanecerá aberto ata o 3 de novembro ás 16.30 horas. Para dúbidas e consultas pode contactar con Clusaga a través do teléfono 981 55 60 62 ou do correo bff@clusaga.org.

Inscrición
Programa

Detalles da programación de eventos

  • 4 Novembro 2022
Compartir
Engadir ao Calendario