IV Edición de BFFood

Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario de Galicia impulsada por la Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga), mantén aberto o prazo de presentación de proxectos para optar a formar parte da súa IV Edición ata o 13 de maio ás 14.00 horas. Poden optar a esta candidatura proxectos innovadores de emprendemento, tanto nacionais como internacionais, que dean resposta aos retos do sector.

BFFood ofrece programas de coaching, formación especializada, acceso a infraestruturas científico-técnicas e servizos avanzados, mentoría dos líderes do sector, financiación directa e acceso a inversión, así como a unha rede de netoworking no ecosistema de innovación alimentario.

Dúas modalidades

Para a IV Edición seleccionaranse ata seis iniciativas para o seu programa de aceleración, de 9 meses de duración, e ata seis para o de consolidación, de 12 meses de duración. O programa de aceleración está enfocado a iniciativas emprendedoras na súa fase inicial, que estean desenvolvendo ou teñan desenvolvido un produto ou servizo mínimo viable e esbozado un modelo de negocio. O de consolidación, a empresas xa constituídas cun produto ou servizo definido e primeiras ventas xa realizadas.

Apoio económico

En concreto, os proxectos de aceleración accederán a unha financiación por parte de Gain de 25.000€ a fondo perdido e dun préstamo participativo, que podería conlevar unha opción de capitalización, de ata un máximo de 50.000€, a través de XesGalicia. No caso dos proxectos de consolidación, poderán acceder a un préstamo participativo que podería conlevar unha opción de capitalización de ata un máximo de 250.000€ por parte de XesGalicia.

Empresas mentoras

Nesta cuarta edición, as empresas mentoras de BFFood son Bodegas Martín Códax, Cafés Candelas, Calvo, Clavo Food Factory, CEAMSA, Congalsa, Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), Gadis, GALACTEUM, Kiwi Atlántico, Laber, DS Smith, Lence, Grupo Pereira, Larsa, Nueva Pescanova, Quescrem, Torre de Núñez, Viña Costeira, Vegalsa, Casa Grande de Xanceda e Hijos de Rivera.

Presenta o teu proxecto Bases da IV edición Retos Catálogo de proxectos BFFood

Detalles da programación de eventos

  • 13 Maio 2022
Compartir
Engadir ao Calendario