A IX edición da BFFood selecciona 14 proxectos á súa fase de incubación
26/10/2026
- Tras unha edición marca con 80 candidaturas rexistradas, a aceleradora foodtech galega selecciona 14 proxectos innovadores para a súa fase de incubación
A Business Factory Food (BFFood) incorpora 14 novos proxectos ao seu ecosistema emprendedor tras pechar a convocatoria de incubación da súa IX edición cun récord de 80 candidaturas rexistradas. Durante os próximos tres meses, as iniciativas seleccionadas participarán nun itinerario deseñado para desenvolver as súas propostas, validar o seu potencial de mercado e definir as bases dos seus modelos de negocio.
Os proxectos destacan pola súa capacidade para dar resposta a algúns dos principais retos do sector alimentario, con propostas vinculadas a ámbitos como a sustentabilidade, a economía circular e o desenvolvemento de novos produtos:
- NADA-UP. Valorización de destríos hortofroiticolas en ingredientes bioactivos trazables con CO₂ supercrítico.
- VYRA+. Nova categoría en suplementación premium.
- Miso. Intelixencia operativa comercial B2B para a industria alimentaria.
- CHIA ORA. Bebida de chía hidratada.
- MALVA. Pizza funcional: máis proteína e máis fibra.
- ChimeraSAP. Superabsorbente biodegradable para almofadas absorbentes de envases de alimentos.
- RAMRAGE EDRINKS. Bebida funcional para atletas de adestramento funcional, formulada desde o box.
- ECO-HA. Do permeato lácteo ao ingrediente alimentario funcional de alto valor.
- MARZIANOS. Snacks funcionais e incentivos saudables.
- ENROLAMAR. Do cumprimento normativo ao estándar de orixe do produto do mar.
- BIOCABA. Recubrimento natural antifúngico para a conservación poscolleita de froita.
- NOURA. Proteína vexetal de legumes xerminados, dixestiva e sen soia: unha nova categoría de alimento.
- BOCADILLO DE TORTILLA. Bocadillo de tortilla de alta calidade e vida útil prolongada para canles de conveniencia.
- NutriCob₁₂: máis biodisponible, máis efectivo.
- O proceso de incubación
Durante o proceso de incubación, os proxectos seleccionados accederán a formación impartida polas tres universidades galegas, asesoramento estratéxico individualizado e oportunidades de networking. Estes recursos permitiranlles avanzar na definición dos seus produtos e servizos, contrastar as súas propostas e explorar novas oportunidades de desenvolvemento.
Con esta nova selección, BFFood continúa ampliando o seu ecosistema de emprendemento e innovación alimentaria, conectando novas iniciativas co coñecemento e os axentes crave do sector para favorecer o seu desenvolvemento desde Galicia.
- IX edición: a fase de consolidación continúa aberta
As inscricións para optar á fase de consolidación da IX edición da BFFood continúan abertas ata o próximo 17 de novembro. Podes consultar todos os requisitos, condicións e detalles de participación nas bases do programa.
Business Factory Food (BFFood) é un programa especializado no impulso do emprendemento e a innovación no sector alimentario galego, promovido pola Xunta de Galicia a través de Igape e XesGalicia e dinamizado polo Clúster Alimentario de Galicia, coa participación de empresas de referencia do sector.
Comparte esta noticia




