A sexta edición da Maker Faire Galicia desenvolverase do 18 ao 22 de novembro de xeito online, a través dunha plataforma que integrará ao museo gaiás de forma virtual para que os participantes poidan contemplar os stands dos proxectos e facerlles en directo preguntas.

O evento contará con charlas e mesas redondas sobre o sector da industria e a educación, así como con obradoiros, sesións interactivas e o hackathon de videoxogos Game Maker Jam.

O responsable de BFFood, Javier A. Osuna, participará o mércores 18 de novembro ás 10.45 horas na charla “Acelerando o ecosistema maker” xunto a Jorge Gómara, responsable de Business Factory Auto (BFA), Rodolfo Ojea, responsable de Business Factory Aero (BFAero), e Fany Suárez, responsable de programas da área de competitividade do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Nesta mesa redonda analizarán, entre outras cousas, as oportunidades que as aceleradoras ofrecen aos makers e o potencial que eles poden achegar ao tecido empresarial galego.

En edicións anteriores a Maker Faire Galicia reuniu a 50.000 persoas en Santiago de Compostela, converténdoa na concentración de creación, innovación e enxeño máis grande da península.

Os interesados en inscribirse no evento poden facelo a través da súa páxina web no botón “inscribirse” que aparece a continuación.

INSCRIBIRSE

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

21/05/2021

Cinco startups impulsadas en BFFood participan no demo day da Laconnetwork

Ethical Farm Box, TOTALGAC food, Mindsaic, hk:coffee e Refix presentarán de xeito online as súas iniciativas aos diferentes investidores que asistirán ao demo day da Laconnetwork o 27 de maio.
20/10/2020

Aberta a III edición do programa de aceleración e consolidación de BFFood

O prazo para inscribirse remata o 11 de xaneiro de 2021 ás 14 horas. Ata un total de 16 proxectos innovadores de emprendemento que dean resposta aos retos da industria alimentaria serán seleccionados nesta III edición.