Business Factory Food (BFFood), a aceleradora vertical do sector alimentario galego impulsada pola Xunta de Galicia e dinamizada polo Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) e empresas de referencia na industria alimentaria galega, seleccionou os 13 proxectos que participarán na súa cuarta edición.
Dos seleccionados, 6 accederán ao programa de consolidación e 7 ao de aceleración. A gran maioría deles proceden de startups gallegas, pero tamén se encontran iniciativas do País Vasco, Madrid e Cataluña.
Todos eles recibirán apoio integral e especializado, durante nove meses no caso do programa de aceleración e doce no de consolidación, con acceso a mentoría, formación, coaching, servicios técnicos, infraestruturas e medios específicamente concebidos para o seu ámbito de desenvolvemento co obxectivo de impulsar a súa idea innovadora para facer fronte aos retos do sector.
Ademais, cada startup terá a oportunidade de recibir apoio económico, a través dun préstamo participativo por parte da Xunta a través de XesGalicia, que podería conlevar unha opción de capitalización de ata un máximo de 250.000 € no programa de consolidación. Mentres que no de aceleración, tamén poderá acceder a financiación do Gobierno galego a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), de 25.000€ a fondo perdido, e de XesGalicia, a través dun préstamo participativo que podería conlevar unha opción de capitalización de ata 50.000€.
Esta cuarta edición recibiu un total de 42 candidaturas tanto a nivel nacional como internacional conta co apoio de 22 empresas líderes do sector alimentario galego, que buscaban soluciones innovadoras aliñadas coa resolución dos retos plantexados entre as propostas recibidas, para apoialas na súa chegada ao mercado, xerando así oportunidades de negocio para ambas.
Destas empresas, as encargadas do proceso de mentoría dos proyectos seleccionados na IV Edición de BFFood serán Kiwi Atlántico, Casa Grande de Xanceda, Galacteum, Hijos de Rivera, Gadisa, Nueva Pescanova, ALS Laber, Innolact, Torre de Núñez, Viña Costeira, Larsa- Capsa Food, Ceamsa e Lence-Leche Río.
LEAN 4.0: Este proxecto coruñés persegue a dixitalización dos procesos de cultivo, dende a captación de datos a través de robustos dispositivos low cost ata a xestión de ditos datos a través de tecnoloxías de IA e Big Data, permitindo a xeración de escenarios predictivos que permitan usar as mellores prácticas para incrementar a rentabilidade das explotacións.
Néboda Smart Factory 4.0: Este proxecto radicado en Pontevedra e enmarcado no ámbito da agricultura vertical de interior, ten coma misión a produción de vexetais da máis alta calidade, de proximidade, cultivados cerca dos puntos de venta e dos consumidores, dun modo sustentable e minimizando ao máximo a pegada ecolóxica.
BLUEMARINEOIL: Proxecto radicado en Vigo que, contando coa tecnoloxía base propia de ozonización de aceites xa testada, premiada e no mercado aportará solucións a medida para xeradores e xestores de residuos oleosos mariños, desenvolvendo formulacións de piensos para animais con novas moléculas bioactivas e validando novas solucións a bacterias multirresistentes a antibióticos baixo a premisa da sustentabilidade.
ENZICAS: Este proxecto procedente de Teo permitirá a xeración dun novo aditivo alimentario a partir do cultivo do hongo Aspergillus oryzae sobre almidón de castaña, a partir del cal xerarase unha nova solución biotecnolóxica que permitirá a diminución nun tercio dos tempos de maduración de produtos lácteos e cárnicos, reducindo custos de produción dunha forma innovadora e sustentable.
CODE CONTRACT: Este proxecto procedente do País Vasco, que permite ás empresas pesqueiras automatizar os seus procesos con trazabilidade baseada en tecnoloxía Blockchain, automatizando os seus procesos de xestión e garantindo de forma inalterable a certificación da información tanto a cliente final como a toda a cadea proveedor-cliente.
PROPLANTAE: Proxecto procedente de Nigrán que ofrece servizos de diagnóstico fitopatolóxico asociado a especies fúnxicas e prescripción de tratamentos dos patóxenos diagnosticados con produtos sustentables evitando o uso de fitosanitarios e o desenvolvemento de novos produtos a partir de microorganismos, extractos de plantas ou valorización de residuos.
ODS PROTEIN: Proxecto vigués, acelerado na III Edición, que produce micoproteína de alto valor nutricional e de xeito sustentable, cunha formulación e textura idónea para ser incorporada coma ingrediente a diversos produtos da industria alimentaria. O proceso de obtención baséase na fermentación de precisión, revalorizando subprodutos da industria coma fonte de materias primas, reducindo o uso de recursos naturais e conseguindo así, unha maior rentabilidade e control no proceso.
JELLYS Unexpected Drinks: Proxecto procedente de Barcelona que comercializa cócteis esferificados envoltos en xelatina, cun 19% de alcol. A combinación da xelatina e a esferificación permite reproducir, dun bocado, as mesmas sensacións organolépticas ca un cóctel tradicional, trasladando a experiencia dunha cartelería a casa a través de venta online.
ENTRII: Proxecto procedente de Madrid que desenvolveu unha plataforma que, a través de Big Data e Machine Learning, permite ás empresas do sector de alimentación e bebidas automatizar as súas estratexias de entrada e crecemento en mercado chino (e agora tamén en Corea do Sur). Esto é posible a través de todos os datos procesados na plataforma e que veñen de fontes de primeira man do canal online e da canle retail de a pe nestes países.
KEYFRUIT: Proxecto procedente de Vigo que a partir de tecnoloxía propia en fase de patente persegue a obtención de novas moléculas de interese e conservantes naturais de alimentos a partir do aproveitamento de residuos oleosos de froitas, liofilizados ou deshidratados.
AONIR: Proxecto procedente do País Vasco, acelerado na III Edición de BFFOOD, que conta cunha plataforma baseada en espectroscopía NIR para a medición en liña de múltiples parámetros que permite, mediante medicións non destructivas, unha caracterización do produto en liña e en tempo real, asegurando a súa calidade desde a entrada das materias primas ata o producto final, logrando unha produción máis eficiente, produtiva e sustentable.
TOTALGAC FOOD: Proxecto radicado en Vigo e acelerado na III Edición de BFFood, que presenta unha solución integral de xestión automatizada de ciberseguridade, escalable e adaptable. Integra hardware e software, así coma servizos de soporte nunha única solución, captura de datos e o seu tratamento a través do Big Data e outras tecnoloxías coma a IA para ofrecer ás empresas información para mellorar os seus niveis de seguridade e ser ciberresilientes ante situacións de ciberataques que poidan por en risco a continuidade do negocio.
O Comité Executivo da BFFood decidiu durante a súa reunión desta mañá ampliar de maneira excepcional o número de prazas para a categoría de aceleración. Deste modo, esta modalidade contará con 7 proxectos, e non cos 6 que estaban previstos inicialmente. O beneficiario desta praza, en modalidade accésit, foi o proxecto NANO CELL FARMS, procedente de Colombia, que plantexa a produción de Nano Celulosa Bacteriana (NBC) a partir de diferentes fontes e sustratos ou residuos agroindustriais.
A principal novidade deste proxecto é poder transformar un subproduto, que actualmente é desbotado, nun nanomaterial, e que deste se poidan desenvolver aplicacións de alto impacto, en alimentos coma ingredientes nutracéuticos e en fitoterapéuticos en forma de apósitos e cosméticos.