Tofu Landeira baséase na produción de tofu artesanal nun obradoiro, ao que se une unha plantación de soia ecolóxica, ambos ubicados no rural galego. O seu obxectivo é pechar o ciclo produtivo, explotando a materia prima producida e revalorizando o rural con alternativas produtivas rendibles. A misión de Tofu Landeira, en liña coas tendencias respectuosas e sostibles a nivel social e medioambiental, é a de procurar a innovación e o bo facer galego, creando un tofu artesán, nutritivo e saboroso a partir de soia ecolóxica.