BFFood realizou outro evento de presentación da nova convocatoria na procura de proxectos de emprendemento no ámbito universitario, esta vez, o evento realizouse no Campus Auga da Universidade de Vigo en Ourense. O acto foi organizado polas Vicerreitorías do Campus de Ourense-Campus da Auga e de Transferencia da Universidade de Vigo e conto coa participación do IGAPE.
As próximas citas no mes de abril serán en ANFACO- CECOPESCA, no Clúster TIC e na Universidade da Coruña.