O Pitch Day da IX Edición de BFFood celebrarase o 15 de decembro en Santiago de Compostela

24/11/2026

O vindeiro 15 de decembro celebrarase o Pitch Day da IX edición da Business Factory Food (BFFood), o evento público no que os proxectos de emprendemento candidatos aos programas de aceleración e consolidación presentarán as súas propostas ante o Comité Técnico de BFFood, as empresas mentoras e outros axentes do ecosistema alimentario galego.

A xornada desenvolverase na Sala de Eventos do Edificio Fontán, na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, en horario de 09:30 a 13:45 horas.

Durante a mañá, os proxectos participantes presentarán as súas iniciativas en diferentes bloques. As primeiras sesións estarán dedicadas aos proxectos candidatos á fase de aceleración, mentres que, tras unha pausa café, será a quenda das propostas que optan á fase de consolidación.

O encontro rematará cunha comida de networking, que ofrecerá ás persoas asistentes a oportunidade de intercambiar experiencias, establecer contactos e favorecer novas conexións dentro do ecosistema de innovación e emprendemento alimentario.

Tralo evento, o comité de avaliación manterá unha reunión de deliberación para seleccionar os 10 proxectos seleccionados para a fase de aceleración e os 6 proxectos seleccionados para a fase de consolidación da IX Edición.

A resolución da convocatoria publicarase nos días seguintes na páxina web de BFFood

Comparte esta noticia

Outras noticias que che poden interesar

26/10/2026

A IX edición da BFFood selecciona 14 proxectos á súa fase de incubación

 Tras unha edición marca con 80 candidaturas rexistradas, a aceleradora foodtech galega selecciona 14 proxectos innovadores para a súa fase de incubación A Business Factory Food […]
16/10/2026

BFFood leva á FAO o modelo galego de aceleración de startups alimentarias

Roberto Alonso, director de Clusaga, presentou Business Factory Food no World Food Forum de Roma, nunha sesión sobre o papel da transformación alimentaria no desenvolvemento das […]
25/09/2026

9 proxectos innovadores presentan as súas solucións para o sector alimentario no Demo Day da VII Edición da Business Factory Food

O Demo Day da VII Edición da Business Factory Food celebrouse o  23 de setembro no Hotel Palacio del Carmen, onde as startups presentaron os avances […]
✕