InfoDay VII edición

A Business Factory Food (BFFood), programa de referencia en Galicia para a incubación, aceleración e consolidación de proxectos innovadores no sector alimentario, lanza a súa VII Edición cun InfoDay que terá lugar o 8 de abril ás 11 horas no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia. Este evento está deseñado para que emprendedores, startups, empresas tractoras, axentes do coñecemento e institucións coñezan de primeira man os detalles da nova convocatoria, os programas dispoñibles e os recursos que BFFood pon ao servizo dos proxectos participantes.

Programa do InfoDay: Transformación e Innovación no Sector Alimentario

O InfoDay contará cunha ponencia inaugural a cargo de Nora Alonso, General Partner en Swanlaab Venture Factory, quen afondará nos retos, oportunidades e solucións para a transformación do sector alimentario, achegando unha visión experta sobre as tendencias e desafíos aos que se enfronta a industria.

A continuación, celebrarase un primeiro panel, centrado nos desafíos da BFFood desde a perspectiva da industria alimentaria. Nel intervirán Florentino Vázquez, director de Negocio Eroski en Vegalsa; Lucía Sánchez Nouche, xestora de proxectos de innovación en Hijos de Rivera; e José Piñeiro, CEO de Kiwi Atlántico. A moderación correrá a cargo de Noelia Dosil, responsable de BFFood.

O segundo panel abordará a transición da idea ao mercado, a través dos casos de éxito de startups que foron impulsadas por BFFood. David Blanco, CEO de Beniu Soluciones; Iago Seijo, cofundador de Logicmelt; e Iván García Besada, CEO de Néboda Farms, compartirán as súas experiencias. A moderación deste bloque estará a cargo de Noelia Vilar, directora de Innovación e Transferencia Tecnolóxica de FEUGA.

Peche institucional e espazo para networking

A xornada concluirá cun peche institucional no que intervirán Juanjo de la Cerda, CEO de Clusaga, e Covadonga Toca, directora de Igape, poñendo en valor o impacto de BFFood na transformación do sector alimentario en Galicia. Para finalizar, haberá un espazo de networking, unha oportunidade ideal para conectar con outros profesionais, compartir experiencias e explorar novas colaboracións.

Inscrición Programa

Detalles da programación de eventos

  • 8 Abril 2025
Compartir
Engadir ao Calendario