Descrición do evento

O Demo Day de Business Factory Food regresa o 23 de setembro para dar visibilidade aos proxectos da VII edición, no Forum B do Hotel Palacio del Carmen, Autograph Collection (Rúa das Oblatas, S/N, 15703 Santiago de Compostela), cunha xornada que reunirá a startups, mentores de empresas consolidadas e inversores para promover o crecemento e a transformación do sector.

A xornada estará estruturada en bloques temáticos que inclúen presentacións de proxectos innovadores, mesas redondas e sesións de networking, creando un espazo propio para o intercambio de coñecementos e creación de novas sinerxías.

Durante o evento, as startups participantes presentarán as súas solucións innovadoras en dos roldas de pitch para os proxectos da fase de aceleración.

O relatorio estará a cargo de Valentín García Alcocer, VP of Innovation Strategy en Eatable Adventures, baixo a temática “Innovar para escalar: que está aprendendo a industria da colaboración con startups”. Máis tarde, celebrarase a mesa redonda “Do piloto ao negocio: que fai falta para escalar unha innovación na industria alimentaria?”, na que participarán Maruxa Quiroga (CEO de TasteLab/Sensesbit), Julio Martínez Rumbo (Responsable de Proxectos Estratéxicos e Desenvolvemento Corporativo en CEAMSA) e Antonio Tornero (Xerente de Investimentos en Clave Capital).

A xornada pechará co InfoDay IX, unha presentación da IX edición de Business Factory Food, cuxas inscricións permanecen abertas a través da páxina web da aceleradora, a cargo de Noelia Dosil (Coordinadora da Área de Innovación, Transformación Dixital e Emprendemento do Clúster Alimentario de Galicia). Tras isto, celebrarase unha comida networking entre os profesionais asistentes.

Comparte este evento

✕